Skip to Content

Extraescolares e complementarias

MAGOSTO E SAMAÍN NO IES PRAIA BARRAÑA

O pasado 03 de novembro toda a Comundade Educativa do IES Praia Barraña celebramos un magosto popular onde puidemos degustar ricas castañas, divertirnos cunha chea de xogos populares e disfrutar de acompañamento musical durante as dúas últimas horas do venres. Ademais, o Equipo da Biblioteca aproveitou a ocasión para entregar os seus premios aos mellores creadores de relatos de medo e aos que mellor souberon decorar as súas cabazas pola festividade do Samaín. Aquí tendes algunhas fotos que mostran o ben que o pasamos...

 

MOSTRA DE CURTAS EN NOIA

O pasado 7 de novembro os alumnos de Bacharelato tiveron a oportunidade de asistir á XVIII Mostra de Curtas en Noia no Teatro Coliseo Noela. Este evento abarcaba a proxección de máis dunha treintena de curtas, tanto de ficción como de animación, chegadas dende diferentes puntos da xeografía española e de países coma Francia, Arxentina, Reino Unido ou Ecuador. O alumnado saiu encantado e de seguro que repetirán.

Carreira de Campo a través. Fase Comarcal: resultados

O pasado venres 2 de decembro os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO participaron na primeira fase do Campeonato escolar de Campo a través organizado dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia. Os resultados acadados foron moi satisfactorios destacando o primeiro posto de Juan González Lojo e o segundo de Jesús Ares Maneiro en categoría Cadete Masculino e as clasificacións en primeiro lugar do equipo Cadete Masculino e en segundo lugar dos equipos Infantil Masculino e Cadete Feminino. Noraboa a todos os participantes!

E para acceder ao arquivo cos resultados preme aquí

E para acceder ao arquivo cos clasificados para a fase intercomarcal que se celebrará en Serra de Outes o 27 de xaneiro preme aquí.

Viaxe de fin de curso de 4º de ESO a Berlín

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO viaxamos a Berlín para celebrarmos a fin de curso e de ciclo xuntos.

Alí, durante cinco días, percorremos e gozamos da cidade, explorando a súa historia, arte, cultura, espazos sociais e de lecer, natureza, lingua e gastronomía. 

 

Entre os lugares visitados están Postdamer Platz, Alexanderplatz, o Reichstag, Nicolaiviertel, a porta de Brandenburgo e a avenida Unter den Linden, Tiergarten, Gendarmenmarkt, a illa dos museos, Checkpoint Charlie, East Side Gallery e outros moitos máis. Mais o mellor da visita foi estarmos todos xuntos nesa descuberta.

 

 

Viaxe fin de estudos 4º ESO : Berlín

15/06/2016 08:30
20/06/2016 23:00
Europe/Madrid

Viaxe fin de estudos de 4º ESO: Berlín

Os alumnos de 4º de ESO realizarán a súa viaxe de Fin de estudos este curso con destino Berlín entre o 15 e o 20 de xuño. 

Iniciación á navegación a vela

27/05/2016 08:30
27/05/2016 14:10
Europe/Madrid

O mércores 25 de maio no horario lectivo de mañá os alumnos de 1º de ESO A e B achegaranse ao Real Clube Nautico de Portosín para efectuar unha práctica de aproximación a navegación a vela.

Obradoiro a cargo de Xosé Tomás

24/05/2016 10:30
24/05/2016 12:10
Europe/Madrid

O martes 24 de maio o escritor Xosé Tomás impartirá un obradoiro dirixido aos alumnos de 1º de ESO A e B

Obradoiro de poesía

10/05/2016 11:00
10/05/2016 14:00
Europe/Madrid

O martes 10 de maio a poeta e crítica literaria Yolanda Castaño impartirá n s obradoiros de poesía aos alumnos de 1º de BAC A e B de 11:00 a 14:00 horas no Saqlón de actos.

Resume do noso Intercambio con Canarias

Entre os días 11 e 18 de marzo, o IES Praia Barraña  participou no Intercambio Climático con Canarias, organizado polo proxecto educativo Climántica. Este proxecto enmárcase dentro da educación para o desenvolvemento sostible que ten como obxectivo permitir que os estudantes adquiran os coñecementos, competencias, actitudes e valores necesarios para un futuro sostible. Tamara Pérez, Marta Santamaría, Miguel Lamas e Xoel Blanco de 3º de ESO A, desprazáronse a Tenerife coa profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Urbieta. Formaban parte dun grupo de 21 alumnos e alumnas e 5 docentes de 5 centros galegos, o IES Virxe do Mar de Noia, o IES Poeta Añón de Outes, o IES Praia Barraña de Boiro, o IES Rosalía de Castro de Santiago e o CIP dos Dices de Rois.

Durante unha semana participaron nunha extraordinaria experiencia de aprendizaxe que incluíu visitas a centros de investigación, visitas ao parque nacional do Teide e a participación nunha actividade de recuperación da fauna salvaxe que incluiu o mergullo no Porto de Adeje.

Se queredes saber máis desta experiencia encontraredes un relato máis completo no seguinte enlace. Tamén podedes ver un vídeo do intercambio.

Distribuir contido


by Dr. Radut