|
|||
|
|||
Martín Alonso Gamarra, alumno de 1º de ESO A, é o gañador do concurso sobre problemas matemáticos. Parabéns Martín. |
|||
|
|||
Comunicamos que a tertulia dirixida aos pais/nais do alumnado de 1º de ESO, organizada para esta tarde ás 19:30 horas, posponse para despois de Nadal en data e hora que se comunicarán con antelación.
O motivo é que non contamos con número suficiente de participantes (confirmados por escrito na comunicación enviada ou mediante aviso oral) para poder aproveitar a riqueza de reflexionar en grupo. Entendendo, que estas datas previas ás vacacións e á primeira avaliación poidan ser máis complicadas. O xoves 11 as 19:30 haberá unha tertulia sobre alimentación dirixida aos pais do alumnado de 1º de ESO, nela participará a Dra. Isabel González Lado, psiquiatra da Unidade de Desórdenes Alimentarios (UDAL) do Hospital de Conxo co seguinte obxectivo: "Crear un espazo de reflexión sobre a alimentación e nutrición do alumnado de 1º de ESO, que se está traballando nas titorías, para construír criterio saudable respecto aos seus hábitos alimentarios e detectar situacións de risco de cara á prevención."
|
|||
|
|||
Con motivo do "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos", o alumnado de 3º da ESO exporá, na cristaleira cercana a Biblioteca, o traballo de reflexión realizado nas titorías en colaboración coa ONG Médicos do Mundo "Outra mirada cara á inmigración". Dentro das actividades destinadas a celebrar o día internacional dos dereitos humanos, os alumnos de 1º bacharelato B realizaron na biblioteca a lectura en francés dos artigos da declaración internacional dos dereitos humanos. |
|||
|
||||||
|
|||
|
|||
Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, Ainhoa Seoane e Gloria Martínez fixeron a seguinte presentación:
|
|||
O próximo martes 25 de novembro, haberá as seguintes actividades relacionadas co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
|
||||||||||||||||||
Dentro da actividade creativa do MACUF, obradoiro de fotografía a cargo de Fran Herbella. A actividade está organizada polo departamento de Plástica e terá lugar segundo o seguinte horario: * 9:00-12:00: 1º ESO D * 13.00-14:30 e de 16:30 a 6:00 : 1º ESO C * lugar de celebración: aula de plástica |
|||
O xoves, 30 de outubro, celebramos o Samaín no noso IES. O alumnado de primeiro de ESO participou coa lectura dramatizada de historias de medo. Historias, a maior parte delas, que formaban parte da vida cotiá do noso mundo rural e que permitían, entre outras cousas, mitigar a angustia ante a norte, transmitir normas básicas para a convivencia e reforzar as relación sociais. Pola nosa biblioteca pulularon, á última hora da mañá, a Morte branca e a Morte negra, ánimas en pena que deixaran neste mundo algún asunto sen resolver, mortos aos que lles había que rachar o hábito, caveiras e esqueletos falantes, santas compañas e lobishomes.
|
||||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
Onte, no noso IES
AS VANTAXES LINGÜÍSTICAS DE SERMOS GALEG@S.
Conferencia de VALENTIM R. FAGIM e JOSÉ RAMOM PICHEL
Valentim R. Fagim (profesor de portugués na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol) e José Ramom Pichel (enxeñeiro informático e empresario de Imaxin Software) son autores dun libro moi interesante titulado “O galego é unha oportunidade”, no que falan da enorme vantaxe que temos os galegos e galegas polo feito de podermos usar dúas linguas que teñen unha gran proxección internacional.
Os conferenciantes, dun xeito moi ameno, demostráronlle ao alumnado de segundo de bacharelato que o galego é unha lingua moi útil que nos permite comunicarnos con 250 millóns de persoas en todo o mundo (Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bisáu, Guinea Ecuatorial, Timor Leste, San Tomé e Príncipe, Macao…); que ten unha enorme potencialidade que non está sendo aproveitada e que nos ofrece unha clara vantaxe nun mercado laboral cada vez máis globalizado.