Consello escolar

Renovación parcial Consello Escolar 2012

Durante o mes de novembro vai ter lugar a renovación parcial do Consello Escolar do IES.Laxeiro de Lalín. A resolución do 7 de setembro de 2012 é a normativa que guiará este proceso do que o primeiro paso será a constitución dunha Xunta Electoral no centro que será a que marque o calendario da renovación que terminará coa constitución do novo Consello aló polo mes de decembro. Nos arquivos adxuntos explícanse o proceso de constitución da Xunta e as prazas a renovar nesta ocasión, así como unha información para os pais e nais do alumnado do centro.

Desde a Dirección do IES.Laxeiro queremos e desexamos animar ao profesorado, aos /ás pais e nais e a todo alumnado a que participen neste proceso de renovación , dada a importancia que ten o Consello Escolar na vida do centro.

Desde esta páxina web iremos informando de todo o proceso para que todos/as sexan informados/as do desenvolvemento das correspondentes proclamacións de candidaturas e diferentes eleccións de cada un dos sectores representativos deste órgano colexiado.

Composición do Consello Escolar do IES.Laxeiro tras a renovación 2010

Rematado o proceso electoral , o Consello Escolar do IES.Laxeiro quedou configurado ,nos tres sectores afectados, pola renovación: profesorado, pais/nais e alumnado.

O día 29 a Xunta Electoral proclamou os novos membros do Órgano Colexiado, polo que tan só resta a constitución do novo Consello que terá lugar na primeira quincena de decembro.

No arquivo adxunto pódese observar a súa nova composición

Calendario e información do proceso de renovación 2010 do Consello Escolar do IES. Laxeiro

 

A Xunta Electoral do IES.Laxeiro , tras a reunión celebrada o pasado 4 de novembro ,fixou o calendario e as normas que rexirán o proceso de renovación 2010 do Consello Escolar do IES.Laxeiro

Nos arquivos adxuntos podedes consultar tanto o calendario do proceso coma as normas que se terán en conta dentro dos tres sectores que se van a renovar: alumnos, profesores e pais/nais.

Renovación parcial do Consello Escolar do IES.Laxeiro

O día 4 de novembro comeza o calendario elaborado pola Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do IES.Laxeiro.

Desde o día 5 ata o 18 estará aberto o prazo de presentación de candidaturas nos sectores do PROFESORADO, PAIS/NAIS e ALUMNADO. A tal efecto os interesados/as poderán recoller  os impresos de presentación de candidaturas na secretaría do Centro.

Entre os días 23 e 25 terán lugar as votacións, para rematar o proceso o día 30 de novembro.

Do calendario, datas e demais comunicados, terán oportuna información nesta páxina web.

Desde aquí tan só animar a que participen, presenten candidatura e acudan a votar nos días sinalados a tal efecto.

¡ ANIMO! ¡PRESENTEN CANDIDATURA! ¡VOTEN!

O FUTURO DO LAXEIRO É DE TODOS/AS .

 

Relación de Libros de Texto do IES.Laxeiro para o curso 2010-2011

Dada a situación creada polo Decreto 79/2010 do Plurilingüismo no ensino, e debido a que ata  mediados de agosto non sairá a Orde que desenvolva a Reposición ou Gratuidade Solidaria, tomouse a decisión de pospoñer ata setembro a publicación das listaxes de Libros de Texto tanto na ESO, coma en Bacharelato e Ciclos Formativos.

Desto xeito tratamos de evitar posibres  malentendidos que provoquen situacións confusas tanto a nivel de librerías coma pais/nais do noso alumnado.

No mes de setembro, nesta mesma canle, sairán publicadas con todo detalle as listaxes de Libros de Texto do IES.Laxeiro.

Convocadas becas e axudas para para niveis postobrigatorios non universitarios

 Dende o 5 de xullo ata o 30 de setembro está aberto o prazo para poder solicitar becas e axudas de estudos postobrigatorios. A solicitude deberase facer VIA ON LINE a través da páxina www.educación.es  e previamente o solicitante deberá rexistrarse coma usuario para poder tramitar a súa petición.

Nos arquivos adxuntos podedes obter información correspondente.

Plan de Convivencia do I.E.S. Laxeiro

Despois de moitas reunións e moito traballo xa foi elaborado o Plan de Convivencia. Desde a Comisión de Convivencia tratamos de que sexa un plan aplicable e práctico e que, sobre todo, axude a mellorar a convivencia no centro. Esperamos que sexa un punto de partida, xa que é un plan que revisaremos tódolos cursos, mellorando ou cambiando as actividades segundo a avaliación final que fagamos de cada unha delas.

Tamén trataremos de darlle unha maior participación ao alumnado mediante a creación dos Consellos de Aula e mediante a dinamización da Asemblea de Delegados.

O Plan xa foi aprobado polo claustro e polo Consello Escolar e será aplicado no vindeiro curso 2010-2011.

Postura do Consello Escolar ante a remodelación da avenida Bos Aires

 

Con esta nota queremos facer chegar á Comunidade Educativa a postura acordada polo Consello Escolar ante a remodelación da Avenida Bos Aires, co fin de evitar malas interpretacións que poidan derivarse da rumoroloxía ou de escritos que xurdan doutras instancias.

Normativa de Actividades do Centro

No arquivo adxunto podedes consultar a Normativa de Actividades  extraescolares do Centro

Integrantes do Consello Escolar


Director:

Eugenio Grande Sierra
Xefe de Estudos:
Luís Gustavo Rodríguez Taboada
Xefe de Estudos Adultos:
Xavier Gallego Fernández
Secretario: Xesús María Jubón Salgado
Representantes profesorado:
 
Manuel E. Varela Iglesias
Rosa Mª Álvarez González
José Ramón Silva Torres
Manuel Iglesias Rodríguez
Mª Ascensión Rodríguez Casanova
Xosé Manuel López Fernández
Representantes alumnado:
Jesús Brey Fernández
Carlos Villardefrancos Toimil
Tamara García Rodríguez
Marcos González Rodrígues
Representantes nais e pais:

José Luís Baldonedo Baldonedo
María Soledad García Montoto
Mª Teresa Fernández Saavedra
Representante persoal non docente:
Mª Fe Figueiras Boán 
Representante concello:

Nicolás Varela García
Representante asociación empresarios:
Antonio Lamas Carral

Distribuir contido