Horario de recollida de notas finais xuño 2020

De acordo coa Resolución do 12 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral Técnica de Consellería de Sanidade sobre medidas de prevención necesarias para a transición a unha nova normalidade publicadas no DOG do 13 de xuño, publicamos neste enlace e no arquivo adxunto o calendario de recollida dos boletíns de notas finais do curso 2019-2020.

Os/as titore/as de cada grupo serán os encargados/as de entregar a cada alumno/a o boletín de notas finais e dese xeito poderán despedirse presencialmente dos seus titorandos logo du curso tan accidentado como o que vai rematar.

Pregamos, para cumprir coas normas de sanidade, que todo alumnado veña provisto da correspondente mascarilla no momento da recollida de notas, acto que terá lugar no Salón de actos do centro para cumprir coas nomas de distanciamento estipuladas.

Fai clik para descargar -> Horarios de recollida de notas finais xuño 2020

AdxuntoTamaño
Horarios de entrega de notas xuño 2020.pdf206.37 KB