Charla no IES Laxeiro do colexiado da 1ª División na Liga de Fútbol Ignacio Iglesias Villanueva

 O pasado martes 12 celebrouse no salón de actos do noso centro unha charla organizada pola subdelegación de árbitros de Lalín e na que contamos coa presenza de Ignacio Iglesias Villanueva, o único árbitro galego, entre un selecto grupo de 20, que arbitran na 1ª división da Liga de Fútbol Profesional. Tamén nos acompañou Bernardino González, ex­-árbitro internacional e actual presidente do Comité Técnico Galego de árbitros, así como membros do colectivo arbitral da Lalín e comarca.

A charla asistiu o alumnado de 2ª da ESO, e tratou sobre as posibilidade que ofrece a arbitraxe como saída profesional, incidindo nos requisitos formativos e nas posibilidades de enriquecemento persoal, exemplificadas polas experiencias que Ignacio Villanueva nos foi relatando de forma amena e distendida.

Desde o colectivo de árbitros animaron a alumnos e alumnas do centro a iniciarse nesta disciplina, invitándoos a contactar con eles na súa oficina situada no Lalín Arena.

Queremos felicitar ao alumnado polo seu comportamento e agradecer aos poñentes a súa visita, e a posibilidade que nos ofreceron para coñecer de primeira man a realidade da labor arbitral no fútbol.