Do corazón da materia ao interior das estrelas

O día 8 de xaneiro o alumnado do bacharelato científico puido iniciarse nun dos campos da física no que máis se está a investigar na actualidade: a Física Nuclear. Foi grazas ao profesor Héctor Álvarez Pol da Facultade de Física da USC, departamento de Física de Partículas, que se achegou ao noso centro para impartir a conferencia que levaba por título: Do corazón da materia ao interior das estrelas. Nela o alumnado do bacharelato científico puido viaxar desde o máis pequeno da materia (os núcleos atómicos) ata o máis grande (as estrelas), coñecer como se formaron os elementos da Táboa Periódica e entender o fenómeno da radioactividade.

 

Agradecer ao profesor Héctor Álvarez a charla amena e didáctica que nos impartiu. Foi un pracer.