Actividades centenario do pintor Laxeiro

O vindeiro 23 de febreiro celébrase o centenario do nacemento de "Laxeiro". Como sabedes, o noso instituto sempre tivo unha relación próxima e de colaboración con este persoeiro.

Esta semana comezan as actividades de conmemoración do centenario. Entre as actividades coas que contaremos temos un obradoiro de animación á escultura e de escultura en barro a cargo do escultor Luchi.

O obradoiro de animación á escultura está enfocado ao alumnado de 1º de ESO, realizarase ao longo de seis sesións e estará baseado en obras de Laxeiro.

No taller de escultura en barro poderá participar todo o alumnado da ESO, con carácter voluntario.

Podes ver fotos do obradoiro na galería do centro

Esta semana rematará coa inauguración dunha exposición dos primeiros debuxos publicados por Laxeiro na prensa.

As actividades non rematan aquí, seguirán a desenvolverse ao longo do curso.