Skip to Content

Lingua inglesa

AXUDAS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (2018)

A Xunta de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018. A convocatoria vai destinada a todo o alumnado do ensino público galego de ESO e Bacharelato. Pode consultarse o texto da Orde do 7 de febreiro e un resume da convocatoria en pdf.

Saída dos alumnos da English Week

     Os alumnos de 1º de ESO do IES Elviña saíron este domingo desde o instituto para iniciar as actividades da English Week. Pasarán unha semana no Centro Os Peares para practicar a lingua inglesa nun campamento de actividades de inmersión lingüística. Con seguridade pasarán unha estupenda semana. Boa viaxe a todos eles!


Saída da English Week

English Week no IES Elviña

An English Week

     Dentro do Plan galego de potenciación das linguas, que pretende desenvolver actividades para o perfeccionamento nas competencias comunicativas en lingua inglesa, o noso centro ven de ser seleccionado na convocatoria de axudas do presente curso académico para participar na English Week.
Os peares
 A English Week é un campamento de inmersión lingüística en inglés que se desenvolve anualmente en distintos emprazamentos da xeografía galega. O alumnado escollido nos centros de ensino secundario seleccionados  en cadansúa convocatoria participa en actividades lúdicas e interdisciplinares dirixidas por monitores especializados co factor común da práctica cotiá da lingua inglesa. Non é necesario destacar a importancia fundamental que, para a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, ten a práctica e a interacción comunicativa. Por iso, cómpre alegrarnos de que o IES Plurilingüe Elviña fose seleccionado entre outros centros autonómicos e que os nosos alumnos poidan participar, con todos os gastos pagos, desta enriquecedora experiencia.

     En concreto, serán 25 alumnos de 1º de ESO os que desfrutarán das actividades propostas, que este ano se desenvolverán na localidade de Os Peares, no municipio lucense de Carballedo, unha das paraxes naturais máis espectaculares e fermosas de Galicia. As actividades levaránse a cabo entre o día 29 de Outubro e o 4 de Novembro.

Auxiliares de conversa de lingua inglesa

Acto de benvida para os auxiliares de conversa fulbright.
Curso 2017/2018

    O pasado día 18 de setembro celebrouse en Santiago de Compostela o acto de benvida para os becarios auxiliares fulbright de conversa en lingua inglesa que actuarán coma profesores de apoio nos centros plurilingües de Galicia. 

Recepción de benvida a auxiliares de conversa

     A nosa compañeira Sonia María Fernández Ordás do Departamento de Lingua Inglesa desprazouse en representación do IES Plurilingüe Elviña para acoller a Janna,  nova auxiliar de lingua inglesa que traballará no noso centro durante este ano. Dámoslle a nosa benvida.  

A nova auxiliar de conversa con Sonia

Voluntariado de idiomas no IES Elviña

Unha das vantaxes de vivir en Europa é a facilidade que hai para moverse entre os distintos países. Isto, unido a unha práctica moi antiga como o voluntariado e á formación, é o que trouxo ata A Coruña a Julia Makanova e Ana Martinic, de Rusia e Croacia, respectivamente. A través da Asociación Muxelka colaborarán durante nove meses no CEIP María Pita e no IES Elviña como profesoras de inglés.


Ambas buscaban unha experiencia nun outros países coa que poder avanzar na súa carreira no ensino. "Traballaba como profesora en Moscú e quería ver como traballan os profesores noutros países", di Julia. Ana, de Split, buscaba algo similar e prefería unha cidade pequena, pero sobre todo importáballe que fose ?un proxecto que me gustase?. Ningunha elixiu A Coruña, pero están encantadas co que viron e sobre todo porque poderán practicar surf, unha das paixóns máis grandes da súa vida. máis información do artigo no Ideal Gallego 17/10/2016

Distribuir contido


by Dr. Radut