Skip to Content

Economía

DIPLOMA DO YOUNG BUSSINES TALENTS

Diploma

Antes destes malfadados tempos do virus o alumnado de economía 4º e 1º Bacharelato estivo de novembro a marzo participando no Programa Young Business Talents, simulador empresarial que permite practicar a toma de decisións dentro dunha empresa, mediante unha competición a nivel nacional. Chega agora ao noso centro o diploma acreditativo, que publicamos como recoñecemento do seu traballo.

O IES ELVIÑA NA FINAL DO JUNIOR BUSINESS TALENT

FINAL DO CONCURSO DE SIMULACIÓN EMPRESARIAL JUNIOR BUSINESS TALENT
 
     Parabéns aos alumnos de 1º BACH B: Paco Díaz Feito, Mario Mato Saccomanno e Bruno González García, finalistas do concurso.
 
     O 5 de abril, un equipo formado por estes alumnos acudiu á FINAL DO CONCURSO DE SIMULACIÓN EMPRESARIAL JUNIOR BUSINESS TALENT celebrada en Madrid, despois de se teren clasificado de entre máis de 3000 equipos en toda España, entre os 4 primeiros da provincia da Coruña que daban dereito a asistir á mesma.
     Acompañados do profesor de Economía Iñaki Tomás aproveitaron o día anterior para facer unha visita cultural por Madrid para ver, entre outros, os museos Reina Sofía e o Prado. Pola noite asistiron a unha obra de teatro na Gran Vía. 
     Xa nunha emocionante final, que se desenvolveu na Nave en Villaverde (Madrid) os nosos loitaron de forma moi competitiva logrando colocarse terceiros do seu grupo.

010203
040506
070809

O IES ELVIÑA EN PULL & BEAR

Visita ás instalacións de Pull & Bear en Narón

     O venres 22 de marzo o alumnado de Economía de 4º ESO e Bacharelato visitou a sede central e as instalacións de Pull & Bear en Narón, unha das máis coñecidas franquicias do emporio Inditex.
    En primeiro lugar puideron ver como se desenvolven as operacións de loxística nos almacéns, recibindo 8 millóns de prendas ao ano confeizoadas noutros países, que despois son enviadas ás case 1000 tendas que Pull & Bear ten espalladas por 47 países, ademais das vendas online.
    E despois visitaron a súa sede central, puidendo observar todos e cada un dos departamentos da empresa: as tendas piloto, o merchandising, os e as modelos "posando" para o catálogo web, deseño, patronaxe, informática, country-managers, etc. En fin, unha clase práctica de sabia e exitosa organización comercial. Moito aprenderían os rapaces!

010203

     Por certo, como de costume, o alumnado de Elviña deu exemplo de urbanidade (mandáronse felicitacións por escrito ao correo do centro polo seu comportamento e interese durante a visita). Que non se diga!

ACTIVIDADES DE XANEIRO (II)

VISITA Á AXENCIA TRIBUTARIA

O alumnado de Economía de 4º ESO A visitou o pasado mércores a Delegación da Axencia Tributaria para ver as instalacións e recibir un curso sobre impostos e servizos públicos, administracións públicas e presupostos, impostos directos e indirectos e fraude fiscal... Cousas de grande interese público e privado, segundo se comprende polos nomes. Ah! Tamén se falou de Cristiano Ronaldo, aproveitando a presenza deste astro balompédico en Madrid na mesma xornada da actividade e a súa amable disposición a cumplir cos deberes do fisco...

Unha fotiña para lembrar o acontecimento (o do noso alumnado, por suposto, non o outro).

Axencia tributaria

ALUMNADO NO PROGRAMA "YOUNG BUSINESS TALENTS"

Diploma

     Os alumnos de economía 4º e 1º Bacharelato estiveron de novembro a marzo participando no Programa Young Business Talents, simulador empresarial que permite practicar a toma de decisións dentro dunha empresa, mediante unha competición a nivel nacional.
      Todos os equipos do IES Plurilingüe Elviña chegaron ás semifinais, acadando algúns deles moi boas posicións. O equipo formado por Julia e Ainhoa (4ºB) foi o mellor clasificado. Na imaxe, o diploma acreditativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut