Skip to Content

CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

DATAS PARA OS EXAMES DE SETEMBRO
CURSO 2020-21

[DESCARGAR CADROS CON ASIGNACIÓN DE AULAS]

I. BACHARELATO

DIAHORAMATERIA

MÉRCORES

1 de
setembro

08:30-10:00Hª do mundo contermporáneo
Física e Química
10:00-11:30Grego I
Debuxo Técnico
11:30-13:00Lingua castelá I
13:00-14:30

Matemáticas I
Matemáticas CCSS I
Latín I

16:00¡17:30

Lingua galega I

17:30-19:00

Inglés I

19:00-20:30

TIC I
Cultura Científica
Francés I

XOVES

2 de
setembro

08:30-10:00

Bioloxía e Xeoloxía
Economía

10:00-11:30

Filosofía

11:30-13:00

Ed. Física

13:00-14:30

Linguaxe e práctica musical
Literatura universal
Relixión

 

II. ESO

DIAHORAMATERIA

MÉRCORES

1 de
setembro

08:30-09:30Xeografía e Hª
10:00-11:00Física e Química (2º, 3º, 4º)
Ciencias aplicadas (4º)
Latín (4º)
11:30-12:30Lingua castelá I
13:00-14:00

Matemáticas

16:00-17:00

Lingua galega I

17:00-18:00

Tecnoloxía (2º, 3º, 4º)
Economía (4º)

18:00-19:00

Inglés

19:00-20:00

TIC (4º)

XOVES

2 de
setembro

08:30-09:30

Bioloxía e Xeoloxía (1º, 3º, 4º)
Ed. Financeira (2º)

09:30-10:30

Val. éticos/ Relixión
Cultura clásica (3º)

10:30-11:30

Ed. Física

11:30-12:30

Ed. Plástica e visual (1º, 3º, 4º)
Música (4º)

12:30-13:30

Música (2º, 3º)
Francés/ Alemán (2º, 3º, 4º)
Filosofía (4º)/ Cultura científica (4º)

Adorno

PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES 

DIAHORAMATERIA

XOVES

2 de
setembro

16:00-16:50Inglés
Física e Química
16:50-17:40Lingua galega
Francés
17:40-18:30Lingua castelá
Tecnoloxía
18:30-19:20Matemáticas

VENRES

3 de
setembro

08:30-09:20

Bioloxía e Xeoloxía

09:20-10:10

Ed. Plástica e Visual

10:10-11:00

Ed. Física

11:00-11:50

Xeografía e Hª

11:50-12:40

Valores Éticos
Cultura Clásica

FIN DE CURSO. ENTREGA DE NOTAS E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E RECOLLIDA DE LIBROS DO
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

     A entrega de boletíns da ESO e 1º de BACHARELATO faranse escalonadamente, dacordo co cadro adxunto, ao longo da mañá do venres día 25 de xuño para permitir a recollida dos libros do fondo solidario con orde e sen aglomeracións. O alumnado, unha vez recollidos os boletíns de cualificacións, será chamado por orde de grupos para facer a devolución dos libros de texto do Fondo solidario 2020-21. O alumnado con materias suspensas poderá devolver os libros que correspondan con estas materias en setembro.
Lémbrase que a non devolución de todos os libros prestados suporá a perda do dereito ao Fondolibros do curso 2021-22.

NIVELHORA DE ENTREGA DE BOLETÍNS
E LIBROS DE TEXTO
2º BACHMércores 23 ás 09:30 horas
1º BACH e 4º ESOVenres 25 ás 09:00 horas
3º ESOVenres 25 ás 10:00 horas
2º ESOVenres 25 ás 11:00 horas
1º ESOVenres 25 ás 12:30 horas

 

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS PARA ALUMNADO DE ESO

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021.

O prazo de solicitude e matrícula rematará o vindeiro 6 de xullo. A matrícula poderá realizarse presentando solicitude e adxuntando a documentación requerida en calquera rexistro oficial ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia se se dispón de Chave 365 ou de certificado electrónico (Sede electrónica da Xunta de Galicia procedemento ED311D). Na mesma sede electrónica pode atoparse toda a información necesaria sobre a convocatoria.

Os premios extraordinarios teñen unha contía de 800€ e poden acceder a eles todos os alumnos e alumnas que cursan 4º ESO que obtiveran unha media en toda a ESO superior aos 9 puntos. O alumnado solicitante deberá presentarse a unha proba de coñecementos no mes de setembro.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre deberán subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante.

NO MAR DA COSTA CORUÑESA

O Dpto. de Educación física fixo o tremendo sacrifizo de levar aos rapaces de 4º ESO a navegar esta semana. A xulgar polas imaxes, sufriron arreo con esta actividade. Pero que ninguén senta envexa (sana, non da outra). Irán con máis grupos en días vindeiros, e os que non poidan ir, poden soñar co vrao, que xa está ás portas...

01020304

ÉXITO NA OLIMPIADA MATEMÁTICA

O ALUMNADO DO IES ELVIÑA, VICTORIOSO NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

O alumnado do IES Elviña participou neste curso na Olimpiada matemática da AGAPEMA por iniciativa docente do Departamento desta especialidade. Precisamente a pasada semana celebrouse no Círculo das artes de Lugo a final galega deste evento, onde un representante do noso centro acadou o trofeo á "Beleza matemática" polo seu bo facer nas olímpicas probas numéricas (difíciles dabondo, mais non para el, segundo parece).

Noraboa, Paulo, polo teu éxito, que é o de todo o centro. Segue así!

 Paulo gañador

Distribuir contido


by Dr. Radut