Skip to Content

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS
DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 29/09/2021], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 4 membros do profesorado
b) 3 membros dos representantes de alumnado
c) 3 membros dos representantes das familias
d) 1 membro do persoal de administración e servizos


NOMEAMENTO DA
XUNTA ELECTORAL

Seguindo as indicacións da normativa, o primeiro paso para a realización das eleccións é a elección dos membros da Xunta electoral de centro, que velará polo cumprimento da legalidade destes comicios. AXunta electoral estará composta polos seguintes membros [Decreto 92/1988]:

a. o director ou directora do centro de ensino, como presidente da mesma
b. 1 profesor elixido por sorteo público
c. 1 pai ou nai elixido/a por sorteo público
d. 1 alumno/a elixido/a por sorteo público
e. 1 membro do persoal de administración e servizos elixido por sorteo público


CALENDARIO E MÉTODO PARA A CONSTITUCIÓN
DA XUNTA ELECTORAL

     A elección dos membros da Xunta electoral (agás a súa presidencia) realizarase do seguinte xeito:

1. farase sorteo público o día 27 de outubro de 2021 no despacho de xefatura de estudos do IES Plurilingüe Elviña ás 11:00 horas

2. no sorteo, aberto a calquera membro da comunidade educativa do IES Plurilingüe Elviña, previa solicitude a través da secretaría do centro (en cumprimento da normativa sanitaria non será posible permitir o acceso dun número amplo de persoas), asistirán: o director e o secretario do instituto (presidente e secretario do proceso), 1 membro do profesorado elixido ao azar, 2 membros do alumnado elixidos ao azar

3. método do sorteo:

a. elixiranse dous representantes por cada membro necesario, o primeiro en calidade de titular e o segundo en calidade de suplente
b. o secretario do centro acudirá coas listaxes de pais/nais, alumnado, PAS e profesorado do centro nas que cada membro da comunidade figurará cun número de referencia
c. na elección procederase pola seguinte orde:

A. elección do membro do alumnado: extraeranse 3 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 5) que representará a centena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a decena
3ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

B. elección do membro das familias: extraeranse 3 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 8) que representará a centena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a decena
3ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

C. elección do membro do profesorado: extraeranse 2 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 5) que representará a decena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

D. elección do membro do persoal administrativo e de servizos: extraerase 1 bola (con números do 1 ao 7)

    A elección por cada membro realizarase dúas veces, a primeira para escoller ao membro titular da Xunta e a segunda para escoller ao membro suplente de cada posto. Se na elección dun membro da Xunta saíse unha combinación de números sen asignación de persoa (000, por exemplo), repetirase esa elección desde o principio.

 

CONSTITUCIÓN DA
XUNTA ELECTORAL

Os membros así nomeados para a Xunta Electoral serán citados para determinar o calendario do procedemento nunha reunión que terá lugar no centro o 3 de novembro de 2021.



page | by Dr. Radut