Skip to Content

Actividades

Celebración do IV centenario de M. Cervantes e W. Shakespeare

 

 

 

 

 

Alumnado de 3º ESO interpretanto fragmento do Quijote        Alumnado de 1º ESO interpretanto fragmentos de obras de W. Shakespeare

 

   Con motivo do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, o venres 22 de abril tivo lugar unha representación de fragmentos de obras destes dous autores. A actividade tivo lugar  na aula de audivisuais. Foi durante a 2ª, 3ª e 4ª  hora da mañán e parte do alumnado de 1º ESO, 3º ESO e 1º Bacharelato deleitou coas súas dotes interpretativas a compañeiros doutros curso. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua Española e Inglés coa axuda do departamento de Plástica.

 Estos son os enlaces para ver os vídeos desta actividade:

Video 1

Video 2

Video 3

Video 4

Video 5

 

Sesión de animación á lectura para o alumnado de 1º ESO

Alumnado de 1º ESO nunha sesión de contacontos en lingua española por Raquel Queizás                                    Alumnado de 1º ESO nunha sesión de contacontos en lingua española por Raquel Queizás                                        

Á volta do Antroido os alumnos de 1º de ESO puideron disfrutar dunha sesión de animación á lectura a cargo de Raquel Queizás, quen relatou e dramatizou dous contos de terror e misterio, "Pata de mono", de W.W. Jacobs, e "El almohadón de plumas" de Horacio Quiroga. Os rapaces escoitaron con moito interese e mesmo participaron na dramatización seguindo as indicacións da animadora. A actividade foi proposta pola editorial Vicens Vives, á que agradecemos a súa xenerosidade. Foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Española.

Alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO asiste á obra de teatro "Luces de Bohemia" e visita El Correo Gallego

Alumnado do IES de Valga na súa visita a El Correo Gallego                                            Valle Inclán

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato do IES de Valga asistiu, o pasado 19 de xaneiro, á representación teatral da obra de Valle Inclán, "Luces de Bohemia" no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Asimesmo realizou unha visita guiada ás instalacións do xornal da capital de Galicia, El Correo Gallego, na que o alumnado puido coñecer o funcionamento da rotativa e dos sistema de impresión en offset, así como obter resposta ás súas preguntas sobre os perigos actuais do xornalista e o seu futuro incerto, os problemas de custo e de impacto medioambiental do papel, o financiamento dun xornal, a existencia de correctores de probas, a censura, etc. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Española.

Certame de relato breve do Departamento de Lingua Castelá

O pasado 30 de abril celebrosue no IES de Valga o certame de relato breve organizado polo Departamento de Lingua Castelá.

Os premiados foron na Categoria A: 1º premio Iván Sanmiguel (3º ESO) e 2º premio Sara Castaño (1º ESO). Na categoría B:1º premio Julia Viqueira (4ºESO) e 2º premio Elena Franco (1º BAC). Obtiveron "Accesit" ou  mención especial: Belén Senín (3º ESO) Mª Mar Sanmarco (3º ESO) Sivia Pérez (1º ESO) e Lorena Pampín (4º ESO).

Para ampliar imaxe prema a foto

Curso 2010-2011

Para ver as Actividades do Departamento, consultar o arquivo adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut