O pasado luns 3 de abril e na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 1º ESO participou nun taller de escritura creativa.
|
O alumnado de 3º ESO asistiu ao Auditorio de Padrón á representación "Quijote" R2-D2 y el Caballero de la Triste Figura, interpretado por Ricardo Frazzer e o robot R2-D2 que sae da gran pantalla para ofrecer unha singular versión do clásico de Cervantes e converterse ao longo da obra en Sancho Panza do Caballero da Triste figura. Este robot xunto con Frazer revisará a historia que cambiou o rumbo da literatura, a de "el Quijote". O prototipo que se presenta en España é único xa que o orixinal da saga Star Wars, asinado por George Lucas, que ten un cerebro computarizado avanzado. R2D2 e Ricardo Frazer levan dez anos nos escenarios. Durante todo este tempo máis dun millón de espectadores disfrutaron con esta orixinal entrega teatral. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá.
|
Dentro das actividades que o Departamento de L. Castelá e Literatura organiza con motivo do IV centenario da morte de Cervantes, o alumnado de 3º de ESO e 1º de Bachillerato asistiu o 26 de maio á conferencia “Las armas y la letras. Cervantes escritor y soldado”, impartida polo catedrático de Teoría da Literatura e Literatura comparada da Universidade de A Coruña, José María Paz Gago. O autor do Quijote coñeceu os sinsabores da vida militar na sanguenta batalla de Lepanto e o terror turco durante os longos 5 anos de cautiverio en Arxel; na charla puidemos coñecer asimesmo as tácticas guerreiras do exército de D Juan de Austria, os tipos de navíos enfrontados ao poder turco no Mediterráneo.
|
|
Con motivo do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, o venres 22 de abril tivo lugar unha representación de fragmentos de obras destes dous autores. A actividade tivo lugar na aula de audivisuais. Foi durante a 2ª, 3ª e 4ª hora da mañán e parte do alumnado de 1º ESO, 3º ESO e 1º Bacharelato deleitou coas súas dotes interpretativas a compañeiros doutros curso. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua Española e Inglés coa axuda do departamento de Plástica.
Estos son os enlaces para ver os vídeos desta actividade:
Video 1
Video 2
Video 3
Video 4
Video 5
|
|
|
Á volta do Antroido os alumnos de 1º de ESO puideron disfrutar dunha sesión de animación á lectura a cargo de Raquel Queizás, quen relatou e dramatizou dous contos de terror e misterio, "Pata de mono", de W.W. Jacobs, e "El almohadón de plumas" de Horacio Quiroga. Os rapaces escoitaron con moito interese e mesmo participaron na dramatización seguindo as indicacións da animadora. A actividade foi proposta pola editorial Vicens Vives, á que agradecemos a súa xenerosidade. Foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Española.
|