Skip to Content

Actividades

Alumnado de 1º ESO participa nos Obradoiros Matemáticos de Imatxina en Vigo

                              Alumnado de 1º ESO participa nos Obradoiros Matemáticos de Imatxina en Vigo

O martes 12 de marzo, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, o alumnado de 1º ESO desprazouse ata Vigo para participar na XV edición dos Obradoiros Matemáticos de Imatxina organizados pola Fundación Escola Rosalía e AGAPEMA. Durante hora e media estiveron tratando de resolver os diferentes retos e problemas que lles propuxeron. Utilizaron tangrams, pentominós, libros de espellos, dados, calculadoras, xogos de enxeño... e outros materiais manipulativos cos que pasaron un bo rato facendo auténticas matemáticas, todo dirixido por monitores que se encargaron de orientar e controlar as diversas actividades. Esta actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas.

                            Alumnado de 1º ESO participa nos Obradoiros Matemáticos de Imatxina en Vigo

 
   

Entrega de premios do I Concurso de adornos matemáticos de Nadal

engtrega  premios I Concurso de adornos matemáticos de Nadal No segundo recreo do venres 21 de decembro, tivo lugar na Biblioteca do noso Centro a entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de adornos matemáticos de Nadal, convocado polo Departamento de Matemáticas.  Trinta e dous traballos dan conta do interese que suscitou este concurso entre o alumnado. O xurado, para emitir o seu veredito, tivo que deliberar durante moito tempo pola calidade dos traballos realizados. Este xurado estivo formado por diferentes membros da comunidade educativa do IES Valga. Parabéns a tódolos participantes. O resultado final deste concurso foi o seguinte:

1º premio para o motivo "Boneco de Neve" de Arón Magán, Alex Tarrío e Gael Busto de 3º ESO A

2º premio para o motivo: "Caixa Nadal Reciclada" de Andrea Torres e Jennifer Valiño de 4º ESO A

3º premio para o motivo: "Árbore de Nadal" de Mario Eitor, Jacobo Saavedra, Joel Torres e Brais Seco de 1º ESO C

3º premio para o motivo: "Centro de Mesa Navideño" de Manuel Rodríguez, Iris Barros, Mirian Magariños e Lorena Suárez de 3º ESO A 

3º premio para o motivo: "Árbore de Nadal" de Juan Otero Lobato de 3º ESO B

Accésits para os seguintes motivos:

"Árbore de Nadal" do alumnado de 1º de FP Básica de Soldadura e Caldeiraría

"Adorno para colgar" de Enrique Otero e Saúl Magariños de 3º ESO A

"Bóla de Neve" de Letizia, Soraya, Fabián e Jennifer de 2º ESO B

"Calcetín Pi" de Ian Mariño, Laura Blanco, Andrea Vieites e Sara Bandín de 2º ESO B

 
   

Exposición na Biblioteca do IES Valga dos traballos do I Concurso de adornos matemáticos de Nadal

I Concurso de adornos matemático de Nadal Na Biblioteca do noso Centro pódense ollar os traballos que se presentaron ao I Concurso de adornos matemáticos de Nadal. Son adornos realizados por alumnas e alumnos de tódolos niveis da ESO de xeito individual, parellas ou grupos ata un máximo de catro compoñentes. O venres 21 de decembro un xurado formado por persoal non docente, profesorado, alumnado e un membro do sector dos pais/nais valorará cada adorno e fallará os premios en relación ás bases deste concurso. Noraboa a tódolos participantes polos traballos presentados.

 
   

I Concurso de adornos matemáticos de Nadal do IES Valga

 I concurso adorno nadal 2018 O departamento de Matemáticas do IES Valga organiza o I Concurso de adornos de Nadal. Nas súas bases contémplase que se realizará por grupos de alumado dun máximo de catro membros da mesma clase da ESO ou FP Básica. Cada grupo que desexe participar confeccionará un motivo matemático como adorno de Nadal, acompañado dun pequeno cartel. O concurso constará de dúas fases, tendo que presentarse un boceto, xunto cunha proposta de material para a construción, antes do próximo 30 de Novembro. No arquivo anexado pódense consultar as bases deste concurso. Animádevos a participar!!!.                                                                                                                                                                                                 

 
   

XXVI CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO-2019

Concurso canguro Matmático Un ano máis o Departamento de Matemáticas do noso Centro colabora coa Asociación CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO (España) dentro da convocatoria que, a nivel internacional, fai a organización CANGURO SIN FRONTERAS (KSF) para o concurso Canguro Matemático 2019. Pode inscribirse o alumnado que reúna as condicións que aparecen nas bases do cartel que se amosa nesta nova.  
   
Distribuir contido


by Dr. Radut