Skip to Content

O Concello volta a instalar unha carpa no IES de Valga

Debido á limitación de espazos cubertos no exterior do centro, e evitar a rotación do alumnado para poder estar ao ar libre nos recreos en días de chuvia, o Concello de Valga voltou a asumir integramente a instalación dunha carpa de 300 metros cadrados.

O director do centro, Eliseu Mera Quintas, agradece ao alcalde, José María Bello Maneiro, e á concelleira de Educación, Carmen Gómez Pardal a xenerosidade e a rapidez da cámara municipal para a contratación e a montaxe desta estrutura.

É previsto que esta estrutura só vaia ser necesaria durante uns meses, pois xa foi licitada a construción dunha cuberta no patio posterior conforme anunciaran previamente, e en visitas ao centro, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o delegado territorial, Luís López. 

Publicada a listaxe definitiva de libros adxudicados

Publicada a listaxe definitiva de libros adxudicados

Pódese consultar de xeito telemático na aplicación Fondolibros, ou no centro.

Segundo a normativa, a entrega farase á PERSOA SOLICITANTE -non ao alumna ou alumna- que terá que asinar unha declaración responsable.

O horario para dita recollida será:

LUNS 20 setembro:

1º ESO de 16:30 ás 17:45 h.

2º ESO de 17:45 ás 19:00 h.

MARTES 21 setembro:

3º ESO de 16:30 ás 17:45 h.

4º ESO de 17:45 ás 19:00 h.

Acto de inauguración do Clube de Lectura 2021/2022

Clube de lectura IES Valga

O xoves, 7 de outubro comezan as actividades deste curso 2021-2022, dentro do Club de Lectura da Biblioteca do IES de Valga. Será a partir das 17:00 horas cando se manteña un encontro co escritor Álex Alonso, arredor da súa obra "Granito", Premio Torrente Ballester 2020.

En palabras do coordinador do Club de lectura, o profesor Víctor González: "Messi chora de pena pois non pode asistir as sesións do club de lectura "Veigas de Campaña" do IES de Valga. Que non che pase a ti o mesmo. Aínda estás a tempo. Na sesión inaugural deste curso estará conosco o autor da novela "Granito". Trátase de Álex Alonso e será o 7 de outubro, na Biblioteca do IES de Valga, as cinco da tarde. A gozar. Seguiremos informando".
Esperamos a vosa presenza.

Inicio do curso 2021-2022

HORARIO DE INICIO DO CURSO 2020-21

Mércores 15 setembro

TODOS OS CURSOS DE ESO E BACHARELATOde 08:45 a 14:25 horas 

1º e 2º FP CICLO MEDIO SOLDADURA: de 08:45 a 15:15 horas

1º e 2º FP CICLO SUPERIOR CONSTRUCIÓNS METÁLICAS: de 08:45 a 15:15 horas

1º e 2º FP DUAL SOLDADURA: de 15:40 a 20:20 horas

1º FP ADULTOS SOLDADURA: de 15:40 a 22:00 horas

2º  FP ADULTOS SOLDADURAde 15:40 a 20:00 horas

1º FP DUAL MECANIZADO: de 16:30 a 20:20 horas

1º FP BÁSICA: Á ESPERA DA LISTA DE ADMISIÓN

2º FP BÁSICAde 08:45 a 14:25 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut