Skip to Content

Listaxe provisional de distribución de máscaras entre o alumnado

AVISO

Xa se pode consultar no noso Centro a Listaxe provisional de distribución de máscaras entre o alumnado, segundo a Orde do 6 de novembro da Consellería de Educación.

O prazo de reclamación será de dous días, a partir do día de hoxe, data da publicación deste listado provisional. 

 

Novas arredor do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

Co motivo da celebración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" alumnado do noso Centro foi entrevistado para o Telexornal de Galicia da Televisión Española, emitido o 25 de novembro. Picando aquí podes ver esta nova.

E tamén colaborou no vídeo realizado polo concello de Valga. Picando na imaxe podes ollar este magnífico traballo.

video 25N

Premiados no concurso literario "Rompe el silencio"

E tamén dentro das actividades da conmemoración do 25 de Novembro, o departamento de Lingua Castelá e Literatura entregou os premios do concurso literario contra a violencia machista, "Rompe el silencio".

Os premidos foron:

-  na categoría de FP Básica, 1º e 2º ESO: Carla Herrero de 2º ESO co 1º premio e Ana Castroagudín, de 1º ESO, co 2º premio

Carla Herrero premiada no concurso "Rompe el silencio"         Ana Castroagudín premiada no concurso "Rompe el silencio"

 

- na categoría de de FP Ciclo Medio, 3º e 4º ESO: Ximena Guerra de 3º ESO co 1º premio e Laura Calvo, de 3º ESO, co 2º premio

Ximena uerra e Laura Calvo  premiadas no concurso "Rompe el silencio"

- na categoría de FP Ciclo Superior, 1º e 2º Bacharelato: Alfonso Álvarez de 2º Bacharelato co 1º premio e Andrea Torres, tamén de 2º Bacharelato, co 2º premio 

Alfonso Álvarez premiado no concurso "Rompe el silencio"

 Andrea Torres premiada no concurso "Rompe el silencio"

Gañadores do concurso de curtas do Samaín

Dentro das actividades da conmemoración do 25N, tivo lugar a entrega de premios do concurso de vídeos de terror arredor da celebración do Samaín convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca. A curta gañadora, "Pesadelo de Samaín",  foi a realizada pola alumna Uxía  Bejo de 1º ESO B. Tamén obtiveron accésits ás curtas:  "Xiao Ying" de Ángela e Paula Costa, "Halloween Screams" de Arantxa Cerneira e Alejandra Trenco "Telexornal terrorífico" de Carol Vázquez, Sara Vila, Carla Santos e Ainhoa Sobrino, todas elas de 1º ESO; así coma a curta "A nena da curva" realizado por alumnado de 2º ESO.

                                                    primeiro premio curtas samain 2020  

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Valga

Día Internacional de la Eliminación da Violencia contra a Muller 2020 Día Internacional de la Eliminación da Violencia contra a Muller 2020 

Con motivo do “Día Internacional contra a Violencia Machista”, o 25 de novembro, a comunidade educativa do IES Valga celebrou, neste día, diversos actos para manifestar o seu rexeitamento en contra de calquera violencia exercida sobre as mulleres e sensibilizar ao alumnado contra esta lacra social.

A carpa, instalada nun dos patios do noso Centro, foi o escenario das actividades programadas: a interpretación da peza "Salón" polo alumnado de música de 4º ESO, dirixidos polo profesor Manuel Villar, o rap "25 SON RISAS" recitado e interpretado por José Ángel LLerena de 4º ESO acompañado polo baile de Letizia e Naim de 4º ESO e os manifestos lidos por Irene Sanmarco de 2º ESO  e Samuel Rial de 4º ESO.

O acto tamén serviu para dar os premios do  concurso de vídeos arredor da celebración do Samaín, convocado pola Biblioteca e o Equipo de dinamización da lingua galega do IES de Valga e, do concurso literario contra a violencia machista "Rompe el silencio", convocado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura. En relación a este concurso literario, tivo lugar a lectura dos textos gañadores.

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2020  

Distribuir contido


by Dr. Radut