O xoves 17 de novembro, tivo lugar a visita de dous grupos de 2º de CS de Construcións Metálicas e 2º CM de Soldadura e Caldeiraría ás instalacións da sede central de Aluminios Cortizo en Extramundi-Padrón.
Na mesma, foron guiados por Manuel Santiago e Antón García Cristobo, Responsable e Técnico do Departamento de formación e captación de talento respectivamente.
O alumnado puido coñecer o proceso completo do ciclo do aluminio, dende as fases de fundición e extrusión de materia prima ata a súa materialización en produtos para diversos sectores, rematando cunha exposición dos mesmos no showroom que a empresa ten na área de I+D+I. O alumnado foi acompañado polas profesoras Yolanda Carbia e Nuria Casal. A actividade foi organizada polo departamento de FOL.