Colaboracións

Empresas e entidades cos que colaboramos

Charla-Obradoiro de Primeiros Auxilios para alumnado do IES Valga

Alumnado de Ciclos e 4º ESO en charla sobre primeiros auxilios Alumnado de Ciclos e 4º ESO en charla sobre primeiros auxilios  O pasado día 24 celebrouse no IES de Valga unha charla-obradoiro impartida polo Grupo de Emergencias Supramunicipal (GES) do concello de Valga. Nela pretendíase achegar ao alumnado de 1º curso dos ciclos de FP, así como a parte do alumnado de 4º da ESO, a formación necesaria para poder prestar primeiros auxilios en caso de urxencia. A charla estivo dividida en dúas partes, unha teórica e outra práctica. Nela tratáronse temas como: a aplicación da reanimación cardio pulmonar (RCP), a actuación frente a hemorraxias, queimaduras, fracturas e feridas en xeral, así como a súa abordaxe tanto na vida profesional como persoal do alumnado.

 
   

Acto de entrega de Diplomas da Fundación Paideia polo proxecto "La Ida"

acto  de entrega de Diplomas da Fundación Paideia polo proxecto "La Ida"   acto  de entrega de Diplomas da Fundación Paideia polo proxecto "La Ida" O mércores, 25 de xaneiro, tivo lugar o acto  de entrega de Diplomas da Fundación Paideia polo proxecto "La Ida" no que participaron os alumnos,  Kevin Méndez,1º de FP Básica,  Sergio Rico, Pablo López e  Nicolás Quintas, 2º de FPB e Jaime Serramito de 1º de Ciclo Medio

Powered by Drupal - Design by artinet