Skip to Content

O Concello de Valga instala unha carpa no patio do IES

Debido á limitación de espazos cubertos no exterior do centro, o alumnado víase na obriga de rotar para poder estar ao ar libre nos recreos en días de chuvia. Para solucionar este problema, o Concello de Valga asumiu integramente a instalación dunha carpa de 300 metros cadrados.

O director do centro, Eliseu Mera Quintas, agradece ao alcalde, José María Bello Maneiro, e á concelleira de Educación, Carmen Gómez Pardal a xenerosidade e a rapidez da cámara municipal para a contratación e a montaxe desta estrutura.

O director lembra a necesidade de contar cun espazo cuberto permanente, para o cal o enxeñeiro e secretario do centro Jesús López Silva realizou un proxecto de estrutura metálica visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais, e que foi xa presentado perante a Xefatura Territorial de Pontevedra no curso anterior.

 



blog | by Dr. Radut