Skip to Content

Blogues

O Concello de Valga instala unha carpa no patio do IES

Debido á limitación de espazos cubertos no exterior do centro, o alumnado víase na obriga de rotar para poder estar ao ar libre nos recreos en días de chuvia. Para solucionar este problema, o Concello de Valga asumiu integramente a instalación dunha carpa de 300 metros cadrados.

O director do centro, Eliseu Mera Quintas, agradece ao alcalde, José María Bello Maneiro, e á concelleira de Educación, Carmen Gómez Pardal a xenerosidade e a rapidez da cámara municipal para a contratación e a montaxe desta estrutura.

O director lembra a necesidade de contar cun espazo cuberto permanente, para o cal o enxeñeiro e secretario do centro Jesús López Silva realizou un proxecto de estrutura metálica visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais, e que foi xa presentado perante a Xefatura Territorial de Pontevedra no curso anterior.

 

Vacantes para o CM de Soldadura e Caldeiraría no réxime de adultos

Unha vez finalizado o proceso de admisión e de matrícula, xeráronse as seguintes vacantes para o CM de Soldadura e Caldeiraría no réxime de adultos:

1º CICLO MEDIO: 2 prazas vacantes
- Intepretación gráfica
- Trazado, corte e conformación
- Mecanizado
- Soldadura en atmósfera natural
- Formación e orientación laboral

2º CICLO MEDIO: 1 praza vacante
- Metroloxía e ensaios
- Soldadura en atmósfera protexida
- Montaxe
- Empresa e iniciativa emprendedora
- FCT

Pódese solicitar o acceso até o día 9 de outubro ás 13h00. 

Servizos mínimos perante a convocatoria de folga para 23 de setembro de 2020

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga para o día 23 de setembro de 2020, que afectará as actividades lectivas do noso centro, e que se vai desenvolver desde as 0h00 horas do día sinalado até as 24h00 do mesmo día.

Perante esta convocatoria, e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, estabelécense uns servizos mínimos para garantirmos a atención, a vixilancia e o coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

As persoas designadas para o cumprimento dos servizos mínimos determinados pola Consellaría de Educación son:

NOME

CARGO

FUNCIÓN

Eliseu Mera Quintas

Director

 

Ana Bueno Lema

Vicedirectora

Entrega de libros

Esther de Andrés Nieto

Orientadora

Presentación de 1º ESO A

Lara García Ozores

Titora

Presentación de 1º ESO B

Xosé Francisco Godón Davila

Titor

Presentación de 1º ESO C

Beatriz Lloret Ares

Xefa de Estudos

Presentación de 2º ESO A

Manuel Cuervo Soto

Titor

Presentación de 2º ESO B

Cruz López Quintela

Titora

Presentación de 2º ESO C

María Jesús Prol Gómez

Titora

Presentación de 2º ESO D

Víctor González Zúñiga

Titor

Presentación de 1º de Bacharelato

Francisco Rama Rama

Profesor

Presentación de 1º CM

Francisco Alvar López

Titor

Presentación de 1º CS

Eliseu Mera releva Dolores Rego na dirección do IES de Valga

A que foi directora do IES de Valga durante os dous últimos cursos, Dolores Rego, deixa o seu cargo voluntariamente sendo substituída por Eliseu Mera, que ocupaba a vicedirección do centro. No equipo entrante manteñen os seus cargos a xefa de estudos, Beatriz Lloret, e o secretario, Jesús López, incorporándose na vicedirección Ana Bueno.

 

Rego salienta “o traballo diario de todos os membros da comunidade educativa, alumnado, profesorado, familias e o Concello para que o alumnado de Valga acade a formación necesaria para acceder ao mercado laboral ou a outros estudos seguindo os seus intereses”. Á marxe da formación académica valora a importancia “de formar parte dunha sociedade plural, crítica, diversa, solidaria e, algo que nunca se debe dar por feito, igualitaria”.

 

O director entrante agradece o “inmenso esforzo” realizado por Rego durante os dous anos do seu mandato e a confianza que mostrou nel durante este período de “intensa colaboración”. Sinala que o IES de Valga é un centro “con magníficos resultados no Bacharelato, nos seus ciclos formativos, pois o Ciclo Superior de Construcións Metálicas ten unha taxa de inserción laboral de máis de oitenta por cento” e salienta a forte aposta polos diversos programas de atención á diversidade. Porén, acha que estes datos non son suficientemente coñecidos pola sociedade valguesa e sitúa como obxectivo que esta sinta o IES “tan seu como a Banda de Música ou o Belén de Valga”.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut