Skip to Content

Aviso importante: axudas para libros de texto

A partir de hoxe está aberta a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado da ESO para o curso escolar 2020/2021.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020.

As solicitudes:

- Poden presentarse de forma telemática na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (accedendo á aplicación Fondolibros).

- Poden presentarse no centro; neste caso deberán imprimir a solicitude e o Anexo II e entregalos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación.

Mais información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros



page | by Dr. Radut