Skip to Content

Servizos mínimos perante a convocatoria de folga para 12 de decembro de 2019

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga para o día 12 de decembro de 2019, que afectará as actividades lectivas do noso centro, e que se vai desenvolver desde as 0h00 horas do 12 de decembo até as 24h00 do mesmo día.

Perante esta convocatoria, e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, estabelécense uns servizos mínimos para garantirmos a atención, a vixilancia e o coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

As persoas designadas para o cumprimento dos servizos mínimos determinados pola Consellaría de Educación son:

                    - Dolores Rego Balsa, directora.

                    - Eliseu Mera Quintas, vicedirector.

                    - Jesús López Silva, secretario.

                    - Beatriz Lloret Ares, xefa de estudos.



blog | by Dr. Radut