Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

AVISO

 

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)

 Presentacións para o curso 2023-2024

                                                                                                              

                                                                                                         

                                                                                                          

 

 Vídeos do curso 2020-2021

 

Blogues

Regreso á actividade lectiva presencial do alumnado de 2.º Bacheralato

 Estimadas familias:

Unha das medidas xa anunciadas oficialmente, no caso de pasarmos á Fase 2, é a reapertura dos centros educativos. Isto significa o retorno á actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de segundo curso de Bacharelato.  

Gustaríanos salientar precisamente o carácter voluntario para o alumnado e as familias que decidan enviar os seus fillos/as ao instituto. O único caso no que está expresamente prohibido a incorporación ás aulas é precisamente o das persoas con síntomas compatibles con covid-19 ou que estean en illamento domiciliario por este motivo. 

Para tomar a súa decisión transmitímoslle a seguinte información relativa ás medidas de seguridade e protocolo de medidas de prevención. 

O IES de Mugardos abrirá as súas portas para a docencia presencial unicamente ao alumnado de 2.º bacharelato entre o 25 de maio e o 8 de xuño. O 9 de xuño realizarase a sesión de avaliación docente; o 10 de xuño publicaranse en AbalarMóbiles e entregaranse no centro os boletíns de notas co seguinte período de reclamacións e matrícula na ABAU, de ser o caso. E como xa se vén facendo en cursos anteriores, a seguinte semana impartiránse clases preparatorias para probas de acceso á universidade. 

No momento de escribir esta circular temos a noticia de que non haberá transporte escolar. Cremos que é un asunto importante e intentaremos informar antes da fin de semana se se autoriza este servizo.

O profesorado cumprirá o seu número de horas semanais, coas excepcións contempladas legalmente para as persoa vulnerables e en situación de risco.

Por razóns de desdobramento de grupos e reducir o número de alumnos/as por aula e mellor cumprimento das medidas de protección, os horarios lectivos serán adaptados. Pode atopar un exemplo provisional para o primeiro día no documento achegado.

En nome do conxunto do claustro de profesores/as transmítolles que nos gustaría contar coa asistencia do maior número de alumnos/as posibles. A dirección do IES de Mugardos cre que é recomendable esta volta ás aulas coas garantías das medidas de hixiene, seguridade e protección que resumimos de seguido.

 

Atentamente,

____________________________

 

Medidas de hixiene, seguridade e protección

 

FUNCIÓNS MATEMÁTICAS E ANIMAIS

Actividade en dúas fases realizada na materia Matemáticas Académicas de 4º ESO no IES Mugardos durante o curso 2019-2020 e rematada no período de confinamento.
O alumnado xa coñecía o concepto de función do curso pasado en que foi introducido a través dunha actividade denominada “Nivel de felicidade” na que aprenderon o que é unha función real e as principais características: dominio, percorrido, crecemento, extremos e continuidade.
Xa no primeiro trimestre deste desenvolveuse a primeira parte da actividade co coñecemento das gráficas de funcións polinómicas (ata grao 4), de proporcionalidade inversa, expoñénciais, logarítmicas, valor absoluto e trigonométricas. Esta actividade fíxose a través do movemento tratando de reprducir cos brazos e o corpo as funcións e logo debuxándoas e escribindo as súas propiedades.
No segundo trimestre a actividade relacionada coas funcións foi interrumpida polo confinamento e completada nas casas. A proposta era a seguinte:
Tiñan que elixir algún animal, podían debuxalo ou collelo na web en imaxes libres. Esa imaxe debían exportala a Geogebra e situar o vértice inferior esquerdo na orixe de coordenadas.
Posteriormente debían buscar tres funcións das estudadas que se acoplasen a algunha parte do corpo do animal para o que deberían alterar os coeficientes e compoñentes numéricos da función. Esta parte iniciouse na aula de informática do centro pero logo a continuaron nas súas casas.
Finalmente debían acotar a función á zona na que coincidía co corpo do animal para comprender o significado de funcións a trozos, pero non están as imaxes nesta presentación para non facela repetitiva e longa.
Con esta actividade pretendíanse introducir o significado da vectorización, esto é, substituir imaxes por funcións que logo, ao cambiar de tamaño, non perden resolución no ordenador.
Traballáronse estándares do bloque de funcións e do Bloque I: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas.

Blog de plástica

Blog onde se publican os retos neste confinamento

https://plasticaconmarta.blogspot.com/

Día das Letras Galegas, 2020

 O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carvalho Calero.

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos. 

O autor naceu e criouse  no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou  en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere,  entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que  contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de  entrega ao  país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.

 

Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.

Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto  do  prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A  arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das  zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato.

 

 

Blog: Lecturamos

Vous prévoyez de partir en voyage?

PREME NA IMAXE

Montreal.pdf

 

Let's go somewhere!

This summer we may not go anywhere, but travelling is a state of mind and 1*Bac students have got a lot of ideas to make you dream!! 
Let's go somewhere!
Let's dream!

https://issuu.com/pcadega/docs/travelling_magazine

Feliz día de San Cidre

O coidado da terra e a agricultura sostible serán fundamentais para saír adiante.

Hoxe e todos os días do ano... #pensaenverde !!!

1ºBAC (FeQ)-Canles de comunicación

O Dpto de Física e Química do IES de Mugardos, durante o período determinado pola situación de alerta decretada polo gobernodebido ao virus COVID19 estableceu as seguintes canles de comunicación co alumnado implicado:

1.º BAC

Séguese a canle xa empregada durante o curso que foi o correo electrónico

mugardosfq@gmail.com

Mandamos enlaces a explicacións on line, propoñemos exercicios e resolvemos dúbidas en tempo real.

 

E habilitouse unha aula na aplicación google classroom no dominio iesmugardos.gal para ter máis ordenados os temas a tratar e sobre todo dispoñer dunha plataforma que permita a resolución de test de autoavaliación.

https://classroom.google.com/u/0/hS

 

Se tes problema, consulta
Titorial de acceso

 


 


 

FÍSICA E QUÍMICA-MODIFICACIÓNS Á PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO

No arquivo que se xunta podedes atopar as modificacións feitas no departamento para a metodoloxía, avaliación e cualificación das materias asociadas debido a esta situación tan especial que estamos a vivir por mor do COVID19.

Maios confinados, 2020

Este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera con esta celebración que en Mugardos se intenta revitalizar desde hai tres anos. Estes son os maios confinados do alumnado de 1.º ESO.

 

Versión cantada por MARTINA S.G.

Día da Lusofonía (5 de maio)

Hoje é o  Dia da Língua Portuguesa e da Cultura Lusófona.  Lembrai o mapa, o trabalho de pesquisa e o vídeo:

A seguir podes visitar o site da RAG dedicado ao autor das Letras Galegas de este ano, Ricardo Carvalho Calero.

Pautas fin de curso

PAUTAS PARA FINALIZAR O CURSO E PARA RECUPERAR AS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado que ten APTA (cualificación de 5 ou máis na 2ª avaliación) a materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode optar a subir nota presentando as tarefas propostas on-line na 3ª avaliación, tendo acceso á totalidade da cualificación de cada matéria.

O alumnado que ten INSUFICIENTE (cualificación de 4 ou menos na 2ª avaliación) na materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode aprobar o curso e optar á totalidade da cualificación de cada materia presentando os seguintes documentos nas aulas virtuais propostas (Edixgal no caso de 1º e 2º da ESO e Classroom no resto, agás aqueles alumnos/as que non teñen acceso a estes medios e aos cales se lles fará chegar pola vía acordada):

  • Libreta da 2ª avaliación redactada polo propio alumno/a (alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 4ºESO).
  • Traballo da 1ª e 2ª avaliación correxidos no caso do alumnado de 1º Bacharelato, xunto coas actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación.
  • Actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación, enviadas polos medios correspondentes, no caso do resto do alumnado.

Outra información de interés:

·      Para todos os alumnos e alumnas que non teñen acceso aos medios dixitais citados, o centro educativo fará de intermediario para facerlles chegar as tarefas correspondentes.

·      O alumnado que ten aprobada a 2ª avaliación ten aprobado o curso, ao tratarse de materias de avaliación continua. Aínda así, animámosvos a seguir traballando na vosa formación e mellora, xa que o curso que ven agradecerémolo todos e todas!

Terceiro trimestre do curso académico 2019/2020

A Consellería vén de publicar o 27 de abril as Instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020. Recollense neste documento as directrices xerais e específicas por ensinanzas para os centros docentes, que neste momento estamos suxeitos ás recomendacións sanitarias.

En canto ao ámbito educativo estas son algunhas das principais instrucións:

CALENDARIO

  • As actividades lectivas rematarán o 19 de xuño. A partir desta data publicaranse as cualificacións finais da avaliación ordinaria de xuño. Lembramos que segue a exitir a convocatoria extraordinaria de setembro.
  • A avaliación ordinaria de 2.º bacharelato deberá realizarse antes do 9 de xuño. Publicaremos proximamente a data de entrega de notas, prazos de reclamacións e procedemento de matrícula na ABAU.

ADAPTACIÓN DAS ACTIVIDADES E PROGRAMACIÓNS

  • Adaptaremos o labor docente, as titorías e a orientación educativa á situación de crise sanitaria e suspensión das clases presenciais.
  • Cos medios telemáticos dispoñibles, desenvolveremos as actividades de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias.
  • Con estas actividades, o alumnado terá a oportunidade de superar ou subir a cualificación nas materias xa avaliadas nos dous primeiros trimestres do curso.
  • Adaptaremos as programacións didácticas de todas as materias e ámbitos, incluíndo o procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria. 
  • Este documento publicarase na páxina web do instituto a partir do 13 de maio e informarase, asemade, ao alumnado e ás súas familias.
  • Para a superación das materias pendentes tamén se realizarán actividades de seguimento e recuperación. De ser necesario, poderase convocar unha proba telemática ou realización de traballos. As datas e procedementos figurarán no documento anterior.

AVALIACIÓN 

  • A avaliación das actividades realizadas na fase non presencial só poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.
  • A avaliación final considerá en conxunto as actividades de todo o curso. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres e mais nas actividades de recuperación, repaso, reforzo e ampliación deste terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado. 
  • Os equipos docentes poderán adoptar as decisións colexiadas de promoción e titulación tanto na convocatoria ordinaria de xuño como na extraordinaria de setembro. A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional que tamén se adoptará de maneira colexiada.
  • Emitiremos un informe final individual valorativo do traballo de cada alumno/a para ter sido en conta o vindeiro curso.

 

 

Agradecemento a Protección Civil de Mugardos e Ares

Desexamos agradecer publicamente ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Mugardos e Ares
polo labor que están a desenvolver nestes momentos de alerta sanitaria.
Grazas a eles foi posibel entregar puntualmente material de traballo necesario aos fogares do noso alumnado. 

ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.
 
Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.
 
Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.
 

Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.

 
E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
 
 
 

Trampeo de vespa velutina

  

O alumnado de FPB2 iniciou no mes de marzo un proxecto no Instituto. Denomínase "captura e mostreo de vespa velutina".

Con esta actividade búscase facer un análise da presenza actual desta especie no noso entorno (determinar as curvas de voo e determinar cal é o período óptimo de trampeo). Construímos catro modelos diferentes de trampa, coa intención de elexirmos a máis eficaz, e todas elas xa foron instaladas nos xardíns do instituto durante a segunda semana de marzo.

A suspensión na actividade docente non supuxo un atranco neste proxecto, senón máis ben un impulso: ampliamos a zona de mostreo!. Seguimos a traballar nesta iniciativa dende as nosas casas, e cada un de nós constrúe e instala trampas próximas á súa vivenda; tamén faremos a posta en común dos datos de captura.

Dende aquí, animamos a todo o profesorado e alumnado que queira colaborar con este proxecto, a instalar trampas na súa zona, enviándonos fotos das mesmas e datos das capturas. Adxúntase un pdf coas instruccións para fabricar unha trampa caseira.

Aí van as primeiras imaxes...

    
Foto: Mateo                                                    Foto: Beba

 

Letters to Megan

Our Favourite Dishes

Receitas de 2.º ESO

Quarantine cooking with Cooper

Classroom.

A partir de ahora continuamos en classroom.

Código de clase: f675o2q

Un saludo.

Correo do profesorado para a atención a pais e nais

Para o cumprimento da atención ás familias e a realización de consultas co profesorado, facilitamos a busca dos correos electrónicos do cadro docente. Asemade, infomamos do novo teléfono móbil do IES de Mugardos.

 

CADRO DOCENTE   


PREMA SOBRE A IMAXE

 

Carta abierta a mi alumnado

Nos mudamos de Aula Virtual

Hola:

Aviso para todos los cursos que imparto de 3º ESO (Tecnoloxía) y Bachillerato (TIC I, TIC II, Tecnoloxía Industrial II), . 

A la vuelta de las vacaciones retomamos las clases a distancia, pero nos mudamos de Aula Virtual al Google Classroom. Para entrar tenéis que utilizar la cuenta de correo que os proporcionó el instituto con terminación iesmugardos.gal

Os recuerdo que además de poder entrar con un PC hay aplicación para teléfono móvil y tableta, tanto si funcionan con Android como con iOS. Os facilitará mucho el trabajo a los que no dispongais de ordenador.

Ánimo para todos.

    José Barcia Díaz

La prosa renacentista

Nos toca estudiar un poco de literatura.

Aquí os dejo un esquema interactivo para ayudaros a entender el contenido de la página 170. https://view.genial.ly/5e85c13b88cf590db3232024/horizontal-infographic-review-prosa-renacentista

También lo podéis consultar en mi página web. Palabras, palabras, palabras

Un saludo.

Distribuir contido

Distribuir

Distribuir contido