Skip to Content

Día das Letras Galegas, 2020

 O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carvalho Calero.

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos. 

O autor naceu e criouse  no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou  en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere,  entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que  contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de  entrega ao  país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.

 

Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.

Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto  do  prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A  arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das  zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato.

 

 

Blog: Lecturamos



blog | by Dr. Radut