Skip to Content

Docencia de Rubén Beiroa

A docencia é presencial e a ela asisten todos os profes do grupo de traballo agás Agustín Agra, Gloria Santos e Nuria Martínez, todos eles con síntomas derivados da administración da vacina de Astra Zéneca.

 

A docencia estrutúrase en 2 partes:

 

Parte 1: Arduino e programación en xeral. Proxectos de aplicación concretos.

Rubén emprega para esta formación a seguinte presentación. Profundiza particularmente no evento Maker Faire de Galicia, do que é un dos organizadores.

 

Parte 2: Algoritmos. 

 

Facemos prácticas para comprender a lóxica do algoritmo e valorar o necesario que é manexalos nun mundo dixitalizado como o é o actual.

 



blog | by Dr. Radut