Skip to Content

1º obradoiro de audiovisual para as redes por Sara Hermo

Na última tarde de clases deste trimestre tivo lugar en streaming o obradoiro de vídeo con Kinemaster, enfocado para as redes sociais. Fíxoo Sara Hermo, exalumna e representante da asociación Olloboi. O obradoiro foi interactivo e nel o alumnado foi preparando un anuncio publicitario sobre o seu grupo logo de pensar un lema, debuxar un storyboard, xogar cos axustes do móbil, gravar, e montar. 

Á volta de nadal, o xurado STARgal escollerá un gañador por nivel que recibirá por premio un aro de luz.

COMO PROPOSTA PARA VACACIÓNS, completamente voluntaria, lanzamos o concurso POSTAL COVIDEÑA: un vídeo en horizontal de ata 1 minuto de duración no que conten á familia que este ano non os visitou, como foi o nadal en cas cadiún :) Sara xa o explicará no streaming. Pero como as conexións as carga o diaño... imos informando.

Aquí vos deixamos o material didáctico que empregamos na charla e que pertence á asociación Olloboi:

 



blog | by Dr. Radut