Skip to Content

INSTANCIAS E PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA ORDINARIA 2020·2021

MATRÍCULA ORDINARIA 2020-2021 · Do 1 ao 10 de xullo (PREVIA CITA)

A partir do día 22 de xuño deberán chamar ao centro (L-V; 9h-14h) para solicitar cita previa.

881.86.67.17

As familias deberán descargar as instancias correspondentes ao curso no que formalicen a matrícula para o vindeiro ano académico, cubrilas (son instancias modificables dixitalmente) e entregalas no propio centro na data e hora reservada.


O alumnado de 3º ESO e 4º ESO formalizará a matrícula conforme á prematrícula realizada no mes de maio. En caso de non ter feito a prematrícula deberá solicitar unha instancia no centro. 

Aquel alumnado que desexe realizar algún cambio na elección de materias realizada na prematrícula deberá consultar a posibilidade do mesmo ante o equipo directivo do IESP A Cachada con anterioridade á cita previa reservada para achegarse ao centro.



story | by Dr. Radut