Skip to Content

HORARIO INICIO CURSO ESCOLAR 2023/24

O curso escolar 2023/24 comezará o vindeiro 11 de setembro en horario habitual. Todo o alumnado, desde 1º a 4º ESO, debe presentarse no centro en horario de 08:35 a 14:15 horas.

Haberá servizo de transporte coas paradas habituais. Poden comprobar a parada asignada na lapela transporte da aplicación abalar.

O alumnado poderá traer merenda e material como unha libreta e algún bolígrafo para tomar notas.

Os libros e os vales entregaranse ao longo da semana próxima e serán informados por abalar para pasar a recollelos.



blog | by Dr. Radut