2008-2009
Visita da profesora Marta e de Tobías
Xogo das Pantasmas coa profesora Marta e a profesora María
Hoxe viñeron á nosa escola a profesora Marta e o profesor Tobías. Contáronnos que a profesora Belén está un pouco enferma. A profesora Marta virá á nosa escola todos os venres ata que volva Belén, faceremos xogos e contaranos contos.
Ao principio estivemos con Marta os maiores: Anxo, Carlota e Pedro. Cando viñeron os pequenos fixemos coa profesora María varios xogos:
- Eu chámome e pícame: Carlota dicía "Eu chámome Carlota e pícame o nariz", Pedro que estaba ao lado dicía "Esta nena chámase Carlota e pícalle o nariz, ¡raña!, ¡raña!, e eu chámome Pedro e pícame o pé", e así seguía o xogo.
- As pantasmas: Era moi emocionante, pois tíñamos que apagar as luces, e a aula quedaba a escuras. A profesora María era unha pantasma que dicía vogais: a, o, a, e, cando dicía a vogal "i", tiñamos que correr para a alfombra, senón a pantasma collianos.
Pasamolo moi ben, como hoxe era venres tamén fixemos xogos e actividades cos contos para levar á casa.
- APIs de Blogue
OS MUÍÑOS DO RÍO BAROSA
![](/centros/crarianxo/system/files/u25/RUB__N.jpg)
Eucaliptos centenarios
![](/centros/crarianxo/system/files/u25/EUCALIPTOS.jpg)
O RÍO DE FROXOS
OLA, SON AITOR.
EU VIVO NUNHA ALDEA DE TARAGOÑA CHAMADA FACHÁN, MÁIS CONCRETAMENTE NUN RECUNCHO QUE SE CHAMA PEDRAGALES.
A QUE VOS SONA ESTA PALABRA...?
...POIS SI, SONA A PEDRA.
A MIÑA CASA ESTÁ RODEADA DE PEDRAS, E SE SE QUERE FACER UN BURATO NO CHAN É MOI DIFICIL POLAS PEDRAS QUE HAI.
ANTIGAMENTE DIANTE DA NOSA CASA HABÍA UNHA CHARCA. AGORA HAI UNHA CASA CONSTRUÍDA, PERO DEBE SER POR ESO QUE EN CERTAS ÉPOCAS DO ANO É MOI FÁCIL ENCONTRAR RAS.
POLA PARTE DE ATRÁS DA CASA PASA UN PEQUENO RÍO QUE SEGÚN A AVOA LOLA CHÁMASE O RÍO DE FROXOS. NON SABEMOS ONDE NACE EN CONCRETO PERO SI QUE ENTRE CHORENTE E OUTEIRO HAI UNHA FONTE QUE LEVA O MESMO NOME. FINALMENTE, DESEMBOCA NO RÍO TE POLO QUE É UN DOS SEUS AFLUENTES.
O RÍO DE FROXOS PASA POR FACHÁN E TAMÉN POR DORNA. NA FOTO DE ARRIBA EU ESTOU NUNHA PEQUENA PONTE QUE UNE FACHÁN CON DORNA.
Ó PASAR ESTA PONTE, ANTIGAMENTE MEU BISAVÓ TIÑA UNHA LEIRA NA QUE CULTIVABA FRESAS QUE DESPOIS IBA VENDER Á VILA.
SABEDES O QUE FACÍA MEU PAI QUE VIVÍA POR ALÍ CERCA CANDO ERA PEQUENO?
ÍBALLE ROUBAR AS FRESAS Ó BISAVÓ PORQUE DECÍA QUE ESTABAN BOÍSIMAS!!!
TEXTO: FAMILIA DE AITOR
UN POMBAL E...
![](/centros/crarianxo/system/files/u25/Palomar.jpg)
![](/centros/crarianxo/system/files/u25/irene.jpg)
Admisión de alumnos/as para o curso 2009-2010
Dende o 2 ata o 31 de Marzo, permanecerá aberto o prazo para a solicitude de admisión no C.R.A. de Rianxo para o curso 2009-10
- Documentación:
- Solicitude de admisión, follas 1, 2 e 3
- Fotocopia da folla do libro de familia na que está anotado o alumno ou alumna
- Certificado de empadroamento (obténse nas oficinas do Concello)
- Os modelos para a solicitude están dispoñibles:
- Na Sede do C.R.A. en Atalaia Asados, Escolas Antigas
- Nas Escolas
- Nesta web
- Na web da Consellería de Educación
- Unha vez cubertos e asinados entregaránse antes do 31 de Marzo ben na Sede do C.R.A., ben nas Escolas .
- Documentación que se pode baixar desta web:
- Documentos de solicitude e información (formato pdf)
- Vacantes en cada unha das escolas. Naquelas
escolas nas que as vacantes sexan inferiores á demanda de prazas,
abrirase un procedemento selectivo conforme ao disposto no Decreto de
Admisión 30/2007 - Telefonos das escolas
- Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do
alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten
as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación.
- Documentos de solicitude e información (formato pdf)
LÉMBRASE QUE O PROCESO DE MATRÍCULA CONCLUIRÁ NO MES DE XUÑO CANDO O
EQUIPO DIRECTIVO DÉ INSTRUCCIÓNS PARA PROCEDER Á FORMALIZACIÓN DA
MATRÍCULAS A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS ADMITIDOS E ADMITIDAS.
- APIs de Blogue
O TORIBIO VEN A ESCOLA DO CRUCEIRO
DURANTE A SEMANA DO ANTROIDO, O TORIBIO DOUNOS CADA DIA UNHAS CONSIGNAS PARA VIR DISFRAZADOS A ESCOLA. VIÑEMOS CO PANTALON ARREMANGADO,OS CALCETINS DE DISTINTA COR, A CARA PINTADA E DISFRAZADOS DE CHOQUEIROS.
MIRADE QUE GUAPOS E GUAPAS ESTAMOS DISFRAZADOS DE CHOQUEIROS
![](/centros/crarianxo/system/files/u56/P2190253.jpg)
MATEO, SERGIO, ROCIO, MARTA, RAUL, IAGO, AINARA, SANDRA, MIGUEL, HUGO, BREOGAN, ELOI, PAULA E IVAN. ESCOLA DE CRUCEIRO 3 ANOS
Recursos para a Unidade sobre os planetas e astronomía
- APIs de Blogue
Reunión de ciclo
O próximo martes,3 de marzo,os de primaria teremos a reunión de ciclo no canto da de orientación,pois Tobías quere comentar as probas de nivel que temos que pasar ós de 2º.
- APIs de Blogue
SAIDA A CORUÑA
O PASADO DIA 11 DE FEBREIRO OS NEN@S DE PRIMARIA FOMOS A CORUÑA.
PRIMEIRO VISITAMOS A DOMUS: VIMOS UNHA PELÍCULA DE DINOSAURIOS EN TRES DIMENSIÓNS ESTUPENDA,PARECÍA QUE SAÍAN DA PANTALLA...
![]() |
![]() |
DESPOIS FOMOS VE-LAS SALAS
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
POLA TARDE FOMOS Ó PLANETARIO SAUDAR ÓS PLANETAS, AS CONSTELACIÓNS...PERO O TEMPO ERA POCO E NON PODEMOS VER AS EXPOSICIÓNS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - 2008-2009 Distribuir contido](/centros/crarianxo/misc/feed.png)