2008-2009

CONTOS DE MEDO PARA UN ENTROIDO DE MEDO

 

                    

SEICA VOS GUSTA O MEDO?

AS VOSAS PROFES ANDAN A FALAR DE QUE EN TODAS AS ESCOLAS DO C.R.A. ESCOLLÍCHEDES DISFRACES RELACIONADOS CO MEDO PARA CORRER ESTE ENTROIDO: MONSTROS, BRUXAS, PANTASMAS, VAMPIROS, DEMOS,...

MENUDA TROPA!!

SE QUEREDES DISFRUTAR AÍNDA UN POUCO MÁIS CO MEDO NON DEIXEDES DE LLE PEDIR ÓS PROFES QUE VOS LEVEN Á AULA CONTOS COMO: " A BRUXA REGAÑADENTES " , " O PAPÓN " E  " VERLIOKA " DE OQO EDITORA OU " TÍO LOBO " DA EDITORIAL KALANDRAKA.

UNHA APERTA DO VOSO AMIGO.

DANIEL.

 

                   

ONDE EU VIVO

   

Ola, son Andrea e,como vedes nesta foto,estou sentada co meu irmán no lavadoiro dun río que hai onda a nosa casa.

Onde eu vivo chámase o Burato e vou contarvos por que ese nome.

Ó pouco de irmos vivir ó Burato, un veciño que ten moitos libros antigos preguntoulle ó meu pai se sabía por que lle chamaban así ó lugar onde viviamos.

O meu pai respondeulle que non, e logo aquel señor díxonos:

" Pois ben, neste lugar moi, moi antigamente vivía un señor que tiña un pequeno burato nunha man e sempre lle dicían "o home do burato, o home do burato" e, ó longo do tempo, ese home morreu e seguíronlle chamando ó lugar "o burato, o burato".

E así foi cocmo o meu pai e todos os da nosa casa coñecemos o significado do lugar no que vivo.

Espero que vos gustase a explicación. Gústame moito onde vivo porque dende o meu cuarto podo ver o mar e moi cerquiña teño a praia. Tamén viven cerca de min as miñas compañeiras e amigas de cole Laura e Silvia.

Ai, por certo! O lavadoiro agora é novo pero antes estaba a carón do muro da nosa casa e tiña unhas pedras grandes nas que se lavaba a roupa.

Texto: familia de Andrea.

 

 

Cancións entroido 2009

Xa están no portal as letras das cancións do entroido para este ano 2.009

ACCESO ÁS LETRAS DAS CANCIÓNS

Cancións do entroido 2009

Carauta

CANCIÓNS DO ENTROIDO 2009

BAILA, BAILA

Baila, baila, coa túa carauta
Baila, baila, Entroido lambón
Come filloas non deixes ningunha,
Come filloas Entroido lambón.
Canta, canta, coa túa carauta,
Canta, canta, Entroido lambón,
Come orellas non deixes ningunha,
Come orellas Entroido lambón.

EU QUÉROME DISFRAZAR
Eu quérome disfrazar (bis)

Collerei un nariz (bis)
E serei o paiaso Pin (bis)

Collerei unha pluma (bis)
E serei o indio Puma (bis)

Collerei unha escoba(bis)
 E serei a bruxa tola (bis)

Collerei un gorriño(bis)
 E serei un ananiño(bis)

Cada escola ten que facer unha estrofa para esta canción

OH GHAI GHAI
Oh ghai ghai, oh ghai ghai
O noso Entroido ven e vai
E ti e máis eu, eu máis ti,
Cantemos todos xuntos,
Oh ghai ghai!          (Estribillo)

Xa chegou o Entroido, Entroido lambón,
A comer filloas, orellas e lacón,
Imos todos xuntos con esta cantiga
Rapaces e vellos encher a barriga.

Estribillo

Uns irán de flores e moitos de demos
Outros de animais e algúns de choqueiros
Pero todos xuntos queremos cantar
O canto do Entroido que é o mellor cantar

MUTETUS

Tran la lera, lera, lera la lera
Tran la lera, lera, lera lala.          (Estribillo)

Os nenos do CRA
Pasámolo moi ben
Queremos ir ó Entroido  
E comer tamén.

Estribillo
Cada escola ten que facer unha estrofa para esta canción


En Abuin facemos pantasmas

 

 Hoxe non estiveron os nenos maiores. Ian de excursión ao Planetario. 

Despois do recreo fixemos pantasmas 

para preprar o antroido

Ensinounos a facelos Ana, con papel de xornal

e panos  de papel branco.

 

Ao remate debuxamoslle os ollos a a boca

 

Escola de Abuin e Brión 11 de Febreiro de 2.009

 

Tobías vai á escola de Rañó

 

 

 

 

Hoxe Tobías foi á escola de Rañó.

Xogou con Raul, con Sergio e con Raquel.

Luís e tamén Sergio e Raul. tamén xogaron co Ordenador

Tamén se disfrazaron

Tamén merendaron

E tamén xogaron no patio

Escola de Rañó a 11 de Febreiro de 2.009

 

Información Departamento de Orientación

Tense incluido no menú /taboleiro/ e no menú /orientación/ diversa información do Departamento de Orientación sobre os seguintes aspectos: Pasación do Plon, Charlas aos pais e nais do C.R.A., Charla sobre o Banco de Tempo, Coordenación cos titores do Colexios Receptores, novedades na Web.

ACCEDER A INFORMACIÓN

Instruccións antroido 2009

Antroido 08

 

DÍA SEN CHUVIA

AUTOBUSES ZONA DO RÍO

·    1º Pazo, Abuín e Rañó e déixaos en Quintáns (os Apoios terían que ir nos seus coches a Quintáns xa que non quedaría sitio no bus)
·    2º Logo volta o bus e colle a Vacariza

AUTOBUSES ZONA OUTEIRO

·    1º Colle a Cuvide e Cruceiro e déixaos en Outeiro
·    2º Logo volta e colle a Capela e lévaos a Outeiro

APOIOS
·    Apoio 1 vai a Abuín
·    Apoio 2 vai a Capela
·    Apoio 3 vai a Rañó
·    PT vai a Quintáns
·    AL vai a Cruceiro
·    Inglés vai a Pazo
·    Música vai a Cuvide
·    EF vai a Outeiro
·    Tobías grava coa cámara

DÍA CON CHUVIA

A celebración do entroido faise en cada escola. Cada titora organiza os tempos e espazos como máis lle convén.

APOIOS

Do mesmo xeito que antes, pero quedan sen apoio Outeiro e Pazo para poder repartir as orellas e filloas (irían Música e EF)

S.P. "A Contorna de Rianxo" 28 de xaneiro de 2.009

 

Seminario permanente:“.A  CONTORNA DE RIANXO RECURSOS EDUCATIVOS E PROPOSTAS DIDÁCTICAS  PARA A AULA”
Data: Mércores 28-01-09
Centro:    CRA de Rianxo
Membros :

C.R.A. DE RIANXO
Sol Beiroa Troiteiro, Titora na Escola de Cruceiro, Aula de 1º E.I.   
Ana de Castro Corral, Titora na Escola de Pazo Aula de E. Primaria    
María Rodríguez León, Titora na Escola de Cuvide, Aula de E. Infantil   
Tobías Betanzos Rego, Orientador   
Purificación Salgueiro Martinez Titora na Escola de Vacariza e Directora do C.R.A   

Asuntos:
1.    Reunións anteriores (informe de 14 de xaneiro de 2009).- Coméntase o informe elaborado por Helena Zapico Barbeito, que recolle de xeito moi sintéctico e claro os contidos aboradados na reunión do 14-01-09, e que amáis pode servir de referente para na reunión actual
2.    Actuacións feitas:-
a.    Comentanse as modificacións incluidas na estructura do Portal, e acordadas na reunión anterior: creación dentro do Menú /profesorado/, dun apartado. So accesibel a usuarios rexistrados como profesores, nos que incluir convocatorias, actas de reunións, avisos,  etc, no menú /Biblioteca/ sacar o apartado, /proxecto Meiga/, reorganizar os contidos de /Orientación/ ao obxecto de que aparezan separadas as novas dos recursos.
b.    Coméntase sobre o Libro – web de Rianxo, que aínda que só iniciado está a quedar interesante, hai que completar con máis contidos.
c.    Coméntase o contido da reunión de claustro celebrada o día 20 de xaneiro e na  que se falou sobre o portal educativo do Centro: concluise sobre a necesidade de reflexoar dentro do C.R.A. sobre o sentido de pertenza a un proxecto que é colectivo e que se ten que realizar de xeito compartido e participativo, o Portal non é senón un recurso máis dentro dese proxecto colectivo que é o traballo educador no C.R.A. de Rianxo, máis á vez o Portal é un reflexo do nivel de vitalidade dese proxecto compatido, colectivo e participativo que constitue o propio Centro. Pénsase que as dificultades actuais na consolidación do Portal como ferramenta do conxunto do profesorado do Centro e das súas escolas, reflexa precisamente as dificultades de dar forma ao C.R.A. como proxecto educativo compartido, frente ao proxecto de Escola Unitaria, unha contradicción que se ben parece superado a nivel adminsitrativo, cicais non o esté a nivel de organización e coherencia pedagóxica. Conclúese coa necesidade de seguir aportando ao Portal ese sentido de espacio participativo, no que reflexar e compartir o traballo e a acción educativa.
d.    En relación coa comunicación de ITC Teachers, Lourdes comenta que se trata dun grupo de investigación da Universidade sobre os sistema de formación e acreditación das competencias TIC para profesores, e no que se pide a colaboración do profesorado.
3.    Tarefas para realizar.
a.    Valorar a posibilidade de realizar a próxima reunión o luns, día 9 de Febreiro, se é posible avisar.
b.    Tratar de que máis escolas se visualizen na portada de incio, convidar a algúna escola a aportar debuxos á portada, encargarase Tobías de animar ás escolas a participar.
c.    Na próxima reunión urxe abordar a elaboración de actividades para a Unidades Didáctica.

Tobías Betanzos Rego
En Rianxo a 6 de Febreiro  de 2.009
 

Distribuir contido