2008-2009

ONDIÑAS VEÑEN E VAN...

NA FESTA DA GUADALUPE HABIA MOITAS BENGALAS NO CAMPO DE ARRIBA E NO DE ABAIXO.

OS NENOS E AS NENAS FUMOS AS COLCHONETAS , O DRAGON E OS COCHITOS.

NA ESCOLA CANTAMOS A RIANXEIRA:

ONDIÑAS  VEÑEN  E VAN......!!!!!

JORGE, RUBEN, DESI, IRENE, ANDREA E  TODOS NOS

 

O PRIMEIRO DÍA

11 de setembro de 2.008. Hoxe na Escola de Outeiro, como nas demais escolas do C.R.A. e nos demais colexios de Rianxo e de Galicia, comezou o curso  escolar 2.008-09.

Achegáronse á escola por primeira vez, Ruth, Miguel e Nicolás, e tamén estiveron, Marcos, Paula, Gloria, Miguel e Carla.

A profesora Carla, falou cos papás e coas mamás e lembroulles as normas de funcionamento da Escola.

Despois sentamos onda a colchoneta, lembramos os nosos nomes e logo miramos  a escola e todas as cousas que ten: os baños, os colgadores, as estanterías, as mesas e os recunchos.

Tamén nos ensinou varios cadros que debuxamos e titulamos: axudámonos, atendemos, levantamos a man para avisar, escoitamos.

O debuxo que está arriba deste texto representa o cadro "Axudámonos".

En Rianxo a 11 de setembro de 2.008

Tobías Betanzos Rego

 

 

 

O curso 2008-09 comeza

O día 11 de Setembro  comeza o curso escolar 2008-09. Dende o día 1 de Setembro o profesorado do C.R.A. tense reunido para preparar o inicio do Curso Escolar  en cada unha das escolas C.R.A. de Rianxo.

Ao claustro incorpóranse 10 profesoras novas, e ao centro 37 alumnos e alumnas novaS.

A todos e a todas e as familias dámosvos a benvida, e desexamos que o curso que comeza constitua unha experiencia fermosa, plena e compartida para todos e todas.

O PROFESORADO DO C.R.A. DE RIANXO

Distribuir contido