2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

Acordo do Claustro con respecto ás actividades extraescolares

Ante os contínuos recortes sufridos durante estes últimos anos no ensino público, tanto na súa vertente de servizo educativo coma na de colectivo de traballadoras e traballadores, o profesorado do Cra de Rianxo ten refrendado a través do seu Claustro a decisión de manter durante este curso a programación de actividades complementarias, aquelas que se realizan dentro do horario lectivo, pero non programar actividades extraescolares, que requiren para a súa realización o uso de horario non lectivo.

Este acordo non impide, sen embargo, o apoio do profesorado a todas aquelas actividades educativas que, organizadas pola Anpa "Irmáns Ínsua", o Concello de Rianxo ou calquera outra entidade,  teñan que ser realizadas fóra de horario escolar

AUTORETRATOS AO ESTILO DE FRIDA

 

 

 

 

 

DESPEDIDA DO CURSO

 TRADICIÓN, MÚSICA, PASEO, XOGOS, MERENDA, FAMILIA E AMIGOS.

OS MELLORES INGREDIENTES PARA GOZAR TAMÉN DO REMATE DO CURSO.

A NOSA LÍNGUA NO MUNDO

ANTIGAMENTE, GALIZA E CASE TODO PORTUGAL ERAN UNHA ÚNICA TERRA NA QUE SE FALABA, ESCRIBÍA E CANTABA EN GALEGO.

DENDE PORTUGAL A NOSA LÍNGUA CHEGOU A ÁFRICA, AMÉRICA E ASIA

BO VERÁN!

OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL QUEREMOS DESEXARVOS

UN BO VERÁN!

FESTA DE FIN DE CURSO NA TORRE!!!

UN ANO MÁIS, PARA CELEBRAR O REMATE DESTE CURSO E A CHEGADA DAS VACACIÓNS

FOMOS Á PRAIA DA TORRE PARA DESFRUTAR DA DERRADEIRA XORNADA

COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DAS ESCOLAS DE CRUCEIRO E OUTEIRO.

TAMÉN DEGUSTAMOS UNHA DELICIOSA MERENDA QUE AS NOSAS FAMILIAS NOS TIÑAN PREPARADO.

 

CONVIVENCIA NO CEIP ANA MARÍA DIEGUEZ

O MÉRCORES, 17 REALIZAMOS NO CEIP ANA MARÍA DIEGUEZ UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA

CO ALUMNADO DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA DOS DOUS COLEXIOS.

SAÍDA Á CORUÑA

ESTE XOVES FIXEMOS UNHA SAÍDA Á CORUÑA: VISITAMOS O AQUARIUM FINISTERRAE

E COMEMOS NO PARQUE DE SANTA MARGARITA.

POLA TARDE VISITAMOS O MUNCYT E...VIÑEMOS EN VOLTA EN TREN,

ALGO QUE ESPERÁBAMOS ANSIONSOS!!!

Gratuidade Libros - recollida de vales

Estan dispoñibles os vales correspondentes ao programa de gratuidade de libros de texto.

Poden recollerse na sede do C.R.A. os días 10, 13, 14 e 15 de xullo entre as 10:30 e as 13:30

Rianxo a 9 de xullo de 2015

O equipo directivo

 

Distribuir contido