Recomendamos

PRESENTACIÓN DA GUÍA DE LECTURAS DAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO

O PRÓXIMO VENRES 12 DE DECEMBRO ÁS 19H. ACHÉGATE Ó AUDITORIO DE RIANXO PARA DESCUBRIR A GUÍA DE LECTURAS ELABORADA POLAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO. NON O PERDAS!

ONDE VIVEN OS MONSTROS?

 

CANDO LEMOS ESTE CONTO,  GUSTOUNOS MOITO. PERO...ALGO DE MEDO SÍ QUE TIVEMOS.

MARCO EXPLICOUNOS QUE OS MONSTROS NON EXISTEN, QUE ESTÁN NA NOSA IMAXINACIÓN.

ESTES SON OS MONSTROS QUE NÓS IMAXINAMOS E QUE XA NON NOS DAN MEDO:

 

 

DÍA DA PAZ

O NOSO AMIGO DANIEL OFRÉCENOS UNHA ESCOLMA DE CONTOS PARA QUE O DÍA DA PAZ ESTEA PRESENTE NAS NOSAS AULAS E CASAS DURANTE MOITOS, MOITOS DÍAS.

ver as novas da paz na

Escola de Pazo
(aula de infantil)

Escola de Pazo
(aula de infantil)

Escola de Capela

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende as escolas de Abuín e Rañó, chéganos a recomendación da lectura da narración de Fina Casalderrrey " Xela volveuse vampira!!" de Baía edicións, como unha forma de dar entrada nas nosas aulas ó " Día internacional contra a violencia de xénero"

ver a nova en

Escola de Abuín

Escola de Rañó

LIBROS POLA PAZ

ESTES SON ALGÚNS DOS LIBROS QUE SE PODEN SOLICITAR COMO PRÉSTAMO NA BIBLIOTECA DE DANIEL .
TODOS ELES PLANTEXAN DISTINTOS ASPECTOS RELACIONADOS COA PAZ.
 
   
   

LIBROS PARA A PAZ

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS

UN ANO MÁIS, NAS ESCOLAS, IMOS CELEBRAR O DÍA DA PAZ.

PARA QUE VOS ACOMPAÑEN NESTAS DATAS TAN IMPORTANTES OFRÉCEVOS ESTA SELECCIÓN DE CONTOS.

A GUERRA DOS NÚMEROS. OQO EDITORA
O NACEMENTO DO DRAGÓN. FAKTORÍA K DE LIBROS
NEGROS E BRANCOS. XERAIS
WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ. ED. EKARÉ

ESPERO QUE NOS CONTEDES A TODOS SE VOS GUSTARON!

UNHA APERTA DO VOSO AMIGO

DANIEL

 

AS NOSAS LETRAS

Os nosos compañeiros da escola de Cuvide invitáronnos a elaborar unha pancarta para a nosa Carreira das Letras co fin de recomendar algunhas das nosas lecturas preferidas.

Esta é a pancarta :

e estas, as nosas recomendacións :

   
   
   
   
   
        
 

       

        

                                

       

... e a mellor recomendación:

   nunca deixedes  

         de disfrutar         

dos libros!!!

                   
                                          

 

   

Nenas, nenos e profes da Escola do Cruceiro.

UN LIBRO SORPRESA

HOXE LOLI TROUXO Á ESCOLA DO PAZO UN LIBRO

QUE NOS GUSTOU MOITO.

NA ASAMBLEA MIRÁMOLO E NON TIÑA LETRAS.  Ó LADO DO LIBRO HABÍA

UNA LANTERNA, NON SABÍAMOS  MOI BEN PARA QUE ERA.

LOLI DEUNOS ALGUNHA PISTA.

LOGO TIVEMOS QUE PENSAR NUN SITIO ESCURO  E ALÍ DESCUBRIRÍAMOS

 A SORPRESA  QUE  AGOCHABA ESTE CONTO.

DECIDIMOS IR Á ENTRADA DA NOSA ESCOLA, PECHAR AS PORTAS E APAGAR A LUZ.

 

LOGO DE ALUMEAR AS PÁXINAS DO LIBRO COA LANTERNA

APARECÍAN AS LETRAS E AS FERMOSAS ILUSTRACIÓNS.

E ASÍ FOI COMO, AS ESCURAS, ESCOITAMOS 

UN CONTO MOI BONITO SOBRE A LÚA.

CONTOS DE MEDO PARA UN ENTROIDO DE MEDO

 

                    

SEICA VOS GUSTA O MEDO?

AS VOSAS PROFES ANDAN A FALAR DE QUE EN TODAS AS ESCOLAS DO C.R.A. ESCOLLÍCHEDES DISFRACES RELACIONADOS CO MEDO PARA CORRER ESTE ENTROIDO: MONSTROS, BRUXAS, PANTASMAS, VAMPIROS, DEMOS,...

MENUDA TROPA!!

SE QUEREDES DISFRUTAR AÍNDA UN POUCO MÁIS CO MEDO NON DEIXEDES DE LLE PEDIR ÓS PROFES QUE VOS LEVEN Á AULA CONTOS COMO: " A BRUXA REGAÑADENTES " , " O PAPÓN " E  " VERLIOKA " DE OQO EDITORA OU " TÍO LOBO " DA EDITORIAL KALANDRAKA.

UNHA APERTA DO VOSO AMIGO.

DANIEL.

 

                   

Distribuir contido