Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro os nenos, as nenas  e as mestras de Rañó levantamos as nosas mans para loitar contra a violencia de xénero.

A escola de Abuín deixounos un conto marabilloso: triste pero alegre, desesperante pero esperanzador que nos conta a vivencia dunha mestra que sofre a violencia de xénero. Este conto déixanos un bo sabor de boca, porque, como di Xela, as formiguiñas TODAS XUNTAS conseguen o imposible. Esta é a nosa mensaxe:

TODOS E TODAS XUNTAS PODEMOS E DEBEMOS LOITAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO