BENVIDOS Á WEB DO C.R.A. DE RIANXO
|
ANPA C.R.A. DE RIANXO "IRMÁNS ÍNSUA" AULA VIRTUAL "A LUZADA" (Acceder como "Convidado") Teléfonos para urxencias (de 09:00 a 14:00): 981863305 e 629650523 |
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022
O día 01 de marzo de 2021 dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2021-2022, establecéndose os seguintes prazos:
-
Do 1 ao 22 de marzo de 2021: prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Rianxo).
-
Antes do 25 de abril de 2021: publicación de listaxes provisionais (admitidos e non admitidos).
-
Antes do 15 de maio de 2021: publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos).
-
Do 20 ao 30 de xuño de 2021: formalización de matrícula.
NON O DUBIDES E VÉN AO CRA DE RIANXO..... MÁIS QUE UNHA ESCOLA!
O alumnado que desexe matricularse no CRA de Rianxo presentará os seguintes documentos:
-
Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED650B (descargar aquí ou facilitado nas escolas do CRA).
-
3 fotos de carnet.
-
Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a (se o ten).
-
Certificado médico de vacinación e de non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa.
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.
PRAZO DE SOLICITUDES: do 1 ao 22 de marzo de 2021, na sede do CRA de Rianxo (en Asados), no seguinte horario:
Luns: de 09:30 a 10:30 h.
Martes de 12:15 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.
Mércores: de 09:30 a 14:00 h.
Xoves: de 09:30 a 10:30 h e de 12:30 a 14:00 h.
Venres: de 09:00 a 14:00 h.
Lembrar que se debe solicitar cita previa nos teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal
Máis información na seguinte ligazón de solicitude de admisión do alumnado
- APIs de Blogue
1ª XORNADA DE FORMACIÓN DO CLUB DE CIENCIA.
O pasado martes 19 de xaneiro tivo lugar no Local Social de Asados a primeira xornada de formación do Club de Ciencia. Estivo con nós José Manuel Viñas para falarnos de como abordar a ensinanza da ciencia nas aulas de infantil e de como adaptar o método científico a través de distintas experiencias:
Logo mostrounos un montón de experimentos que podemos facer nas aulas con todo o noso alumnado:
Grazas José Manuel, pasámolo moi ben e aprendimos un montón.
- APIs de Blogue
RESERVA DE PRAZA
O alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º de Educación primaria que pretenda continuar os estudos de primaria nos centros de adscrición correspondentes, nestes casos:
- Quintáns, Rañó, Abuín e Pazo: o CEIP ADR Castelao (Rianxo).
- Cuvide, Cruceiro, Outeiro e Capela: o CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña).
Deberán presentar no centro de orixe, é dicir no noso centro CRA de Rianxo, o modelo que se achega.
Anexo I - Reserva de praza (en galego)
Anexo I - Reserva de praza (en castelán)
Tamén se permitirá presentar a solicitude en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que precisará de Chave 365 ou certificado dixital.
Dentro da aplicación "admisionalumnado" hai instrucións para as familias que fagan a solicitude en rede. ENLACE ÁS INSTRUCIÓNS
O prazo é o seguinte: dende o 11 de xaneiro ata o día 8 de febreiro (inclusive).
Para entregar a documentación na sede do CRA de Rianxo (en Asados) é preciso solicitar cita previa no teléfono 629650523.
O horario posible de entrega é o seguinte:
Luns: de 09:00 a 10:45 h
Martes: de 12:20 a 14:00 h
Mércores: de 09:00 a 14:00 h
Xoves: de 12:20 a 14:00 h
Venres: de 09:00 a 14:00 h
- APIs de Blogue
Proxecto RUSTIC - ERASMUS
Dende o CRA de Rianxo non paramos e sempre mirando cara o futuro.
Por iso, o 30 dedecembro de 2020, asistimos a unha reunión no Parlamento Galego xunto co deputado de Educación Ovidio Rodeiro
para presentar o noso proxecto de especialización sobre as Aulas Multigrado.
Podedes seguir toda a información relacionada con este proxecto nas redes sociais (clicando sobre elas):
- APIs de Blogue
VACACIÓNS DE NADAL
Este trimestre chegou ao seu fin.
Dende o CRA de Rianxo desexámosvos a todos e todas unhas FELICES FESTAS!!!
Vémonos á volta!, o día 8 de Xaneiro de 2021.
- APIs de Blogue
