OLA,

SON UNHA IGUANA.

BUENO, A VERDADE É QUE AÍNDA SON UN BEBÉ IGUANA (SO FAI CATRO MESES QUE NACÍN E PODO CHEGAR A VIVIR VINTE ANOS) PERO XA ME VEXO TAN GRANDE COMO O FOI O MEU PAI, QUE CHEGOU A MEDIR DOUS METROS!!

 

O muiño dos Paus do Cura

O MUIÑO DOS PAUS DO CURA

PRETO DA FONTE DO MOURO, NO LUGAR DE VILANUSTRE (ASADOS)  

ATÓPASE O MUIÑO DOS PAUS DO CURA

 

ESTE MUIÑO É UN DOS MÁIS GRANDES DO  CONCELLO E ATA FAI

POUCOS ANOS ESTABA HABITADO POLOS MUIÑEIROS. 

 

Estas son as canles polas que entraba e saía a auga para o muiño.

NESTE LUGAR HAI UNHA PONTE QUE UNE VILANUSTRE COA LAXE

(no lugar de Taragoña)

  

NO MEU CAPARAZÓN

2008-2009

FOTOS DE FIN DE CURSO 08-09

XA CHEGA O FIN DE CURSO. NENOS, NENAS E MESTRES DE TODAS AS ESCOLAS DO C.R.A. QUIXERON COMPARTIR UNHA MAÑÁ DE PASEO, XOGOS E APRENDIZAXE. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA

 FOTOS DE FIN DE CURSO 08-09

X FORO INTERCRAS

VENRES 26 DE XUÑO 2.009           

ESTE VENRES CELEBRASE O X FORO DOS C.R.A DE GALICIA NO AUDITORIO DO CONCELLO DE RIANXO. AQUÍ VOS DEIXAMOS O PROGRAMA DE ACTOS 

 

9:30 Entrega Documentación

10:00 Apertura do Foro

10:30 Conferencia: "O C.R.A. un modelo de Educación Rural en Galicia. Angel Segovia

11:30 Pausa Café

12:00 Grupos de debate

12:30 Posta en común e conclusións

13:00 Exposición proposta didáctica "A exploración da contorna próxima" S.P. A contorna de Rianxo"

13:30 Outras propostas didácticas

14:00 Xantar 

16:00 Saida en  barco

18:00 Paseo pola vila

21:00 Cea

PITÓN BOLA

   
   

A AUGA DE SAN XOÁN

" MIÑA LAVANDEIRA NOVA

QUE NA MAÑÁN DE SAN XOÁN,

NA AUGA DE HERBIÑAS CHEIROSAS

LAVA-LA CARA I AS MANS (...) "

Faustino Rey Romero

( Doas de Vidro)

UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN

SABIAMOS QUE PURI, A MAMÁ DE LAURA, GUSTABA DE FACER EXPERIMENTOS   ( LEMBRÁDESVOS DO XEO SECO?), PERO NON SABIAMOS QUE GUSTABA TAMÉN DE FACER ESCULTURAS.

HOXE PURI TROUXONOS Á ESCOLA UN FERMOSO VOLCÁN FEITO POR ELA CON ARXILA.

PERO PURI NON TROUXO O VOLCÁN PARA ADORNAR A ESCOLA.

TROUXOO PARA ...

FACER UN EXPERIMENTO!!

E QUE EXPERIMENTO SE PODE REALIZAR CUN VOLCÁN DE ARXILA?

POIS ... PROVOCAR UNHA ERUPCIÓN!!!

PARA ISO, PURI TROUXO ADEMÁIS BICARBONATO,  VINAGRE E UN POUCO DE COLORANTE.

SE QUEREDES REALIZAR TAMÉN VÓS O EXPERIMENTO NA ESCOLA COS PROFES OU NA CASA COS VOSOS PAIS, BOTADE NUN RECIPIENTE COLOCADO DENTRO DO VOLCÁN O BICARBONATO.

MESTURÁDELLE O COLORANTE, E PREPARÁDEVOS A ASISTIR A UNHA ERUPCIÓN VOLCÁNICA TAN PRONTO DERRAMEDES DO SEU INTERIOR O VINAGRE!!

 

          
          
          

PURI, Ó REMATAR, AGASALLOUNOS TAMÉN DEIXANDO O VOLCÁN NA ESCOLA, PARA QUE NOS ADORNE E PARA QUE POIDAMOS REPETIR O EXPERIMENTO EN VINDEIROS ANOS.

PURI, LAURA, BOTARÉMOSVOS DE MENOS!!

ATA SEMPRE, CHICAS!!!

 

 

CARACOIS!!

UNHA MAÑÁ, MENTRAS ESTUDABAMOS OS ANIMAIS, DESCUBRIMOS QUE UN CARACOL ESTABA "OBSERVÁNDONOS" A TRAVÉS DO CRISTAL DUNHA VENTÁ.

E ENTÓN, SAIMOS NÓS A ORSERVALO A ÉL.

SEGUIMOS A SÚA PEGADA E DESCUBRIMOS QUE CHEGABA ATA AS NOSAS CABACEIRAS.

O MOI LAMBÓN ESTIVERA PAPANDONOS AS FOLLAS!!

 

      

 

SERÁ LAMBÓN!!!

♣ 

P.D.: HOXE, Ó LIMPAR AS CABACEIRAS DE ESTRUGAS E HERBAS DESCUBRIMOS

QUE O NOSO CARACOL TEN MOITOS AMIGOS...

 

 
 
   
   

 

NA ANTIGÜEDADE HOUBO QUEN DIXO DE NÓS QUE LEVABAMOS O PESO DO MUNDO ENRIBA DO NOSO CAPARAZÓN.

EN REALIDADE, NO NOSO CAPARAZÓN LEVAMOS PARTE DO NOSO MUNDO.

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Libros-web

Departamentos

Actividades

Biblioteca

Cousiñas do noso C.R.A.