Celebracións

SAMAÍN

CO ÚLTIMO DÍA DE OUTUBRO CHEGOU DE NOVO O TEMPO DOS CABAZOS E DOS DEFUNTOS.
E COMO NON HAI NADA COMO COMPARTIR TRABALLOS, ALEGRÍAS E MEDOS COA XENTE QUE QUEREMOS,  FAMILIA E AMIGOS ACOMPAÑÁRONNOS TODO O DÍA : Á MAÑÁ, NA ESCOLA E Á NOITE, NA FESTA DE CAMPO DE PAZOS.

TEMPO PARA BRINCAR:
A (BIS)AVOA MARUJA APRENDEUNOS XOGOS TRADICIONAIS E A BAILAR E CANTARMOS COAS MATRACAS DE MILLO.

     TEMPO

       PARA

    REPOÑER

         AS

   ENERXÍAS:

   DOCES DE

    CABAZO,

      NOCES,

       MAZÁ...

  E A SEMPRE

   PRESENTE

     FROITA.

  

TEMPO PARA O TRABALLO:
CO ESFORZO COMPARTIDO FORON APARECENDO CAVEIRAS ARREPIANTES NOS NOSOS CABAZOS... E NAS NOSA CARAS.

TEMPO PARA OS CONTOS:
DA NOSA MEMORIA XORDIRON  ESAS HISTORIAS DE MEDO QUE TANTO PRESTAN NUN DÍA COMA ESTE

E O TEMPO PARA A FESTA, NA NOITIÑA,

CANDO AS CANDEAS DOS CABAZOS ALUMEAN O MUNDO DOS MORTOS E DOS VIVOS.

 Aula de 4 e 5 anos

 

Magosto na escola de Vacariza

O pasado venres 10 de novembro celebramos a festa do magosto na escola de Vacariza. Alí xuntámonos todas as escolas para cantar moitas cancións sobre o outono, as castañas, os ourizos,... nunha gran roda guiados polo profe Pablo.

 

 

Despois fixemos moitos xogos que nos gustaron moito e que nos abriu o apetito para degustar o froito protagonista da festa: as castañas. Tamén houbo doces de todas as clases (biscoitos, chulas, rosquillas, bolicos, galletas,...) e un delicioso chocolate! 

 

Foi un día xenial!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro foi o día das bibliotecas. No noso CRA comezamos a facer entre familias e nenos unha recopilación de xogos do pasado, xunto coas cantarolas que os acompañaban traballando así un anaquiño da nosa cultura e patrimonio. Pero ademais disto, as nosas bibliotecas de aula foron as protagonistas absolutas do día.

Nalgunhas aulas, os nen@s máis maiores contáronlle os contos aos máis pequenos, disfrutando dun momento de lectura compartida ben pracenteiro.

Noutras, algunha mascota de aula, invitounos a facer o noso "bibliopatio" e creamos unha improvisada biblioteca ao aire libro. Contos e historias con un pouco de aire puro! Que marabilla!

Tamén en varias aulas decidimos elaborar uns marcapáxinas ben bonitos aproveitando que estamos en tempos de Samaín! Que hai mellor que un aterrador marcador para marcar onde deixamos a lectura!

E incluso chegamos a contar contos coa mesa de luz e tamén con pedras e outros materiais! O mundo enteiro e o que nos rodea pode ser un auténtico remanso de fantasía!

Foi un día grandioso, pero o mellor e o máis importante de todo e que disfrutamos da lectura, da biblioteca, da compañía e a amizade.

Aquí vos quedan unhas fotiños ben chulas para que vexades como gozamos da lectura. Disfrutádeas! Sorriso

SAMAÍN 2017

O vindeiro martes 31 de outubro celebraremos o Samaín nas nosas escolas.

Tallaremos cabazas arrepiantes, daremos moitos sustos e nos deleitaremos con historias de medo.

E lembrade nesta noite máxica non abrades as portas a ninguén, que as almas en pena non vos leven familias!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Este martes 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Nós celebrarémolo nas nosas bibliotecas de aula. Trala festa lectora ensinarémosvos todo o que fixemos nas aulas.

Feliz Día das Bibliotecas e felices lecturas!!

FELICES LETRAS GALEGAS DE 2017!

DENDE O CRA DE RIANXO DESEXÁMOSVOS UN FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2017!

SE PICADES NA IMAXE ACCEDEREDES Á NOSA HOMENAXE A CARLOS CASARES. A NOSA PARTICULAR VERSIÓN DA GALIÑA AZUL!

DISFRUTÁDEA E QUE VIVAN AS NOSAS LETRAS!

A GALIÑA AZUL

MES DE MAIO, MES DE CASARES.

AQUÍ QUEDA A NOSA PARTICULAR HOMENAXE A CARLOS CASARES E Á SÚA GALIÑA AZUL. UN TRABALLO FEITO CON MOITO ESMERO POR PARTE DOS NEN@S E DAS MESTRAS E MESTRES DO CRA DE RIANXO.

DISFRUTÁDEO, FELIZ MES DE CASARES E FELICES LETRAS GALEGAS DE 2017!

 

ENTROIDO EN ABUÍN

ESTE ANO FESTEXAMOS O ENTROIDO NA ESCOLA DE ABUÍN.

ALÍ FOMOS OS NENOS E NENAS DE PAZO  DE GALIÑAS AZUIS.

TAMÉN ESTABAN OS ESPANTALLOS DE RAÑÓ, MARUJA MALLO E AS SÚAS MÁSCARAS DE CRUCEIRO, OS CASTELAOS DE CAPELA,

OS CEGOS DE CASTELAO DE OUTEIRO, LEMBRANDO A MANUEL ANTONIO OS NENOS E NENAS DE ABUÍN,  OS NENOS E NENAS DE CUVIDE,

AS AUGAS MARIÑAS DE QUINTÁNS.

E LEMBRANDO A MANUEL ANTONIO E O MAR OS ANFITRIÓNS E ANFITRIONAS  DA FESTA.

MOITAS GRAZAS AMIGOS E AMIGAS DE ABUÍN POR TER TODO TAN PREPARADO!!!

 

 

 

 

 

VOLVE O TORIBIO Á NOSA ESCOLA!

UN ANO MÁIS O TORIBIO APARECEU NA NOSA ESCOLA PARA DARNOS AS CONSINAS DA SEMANA DO ENTROIDO:

E AO REMATAR A SEMANA DESPEDÍMONOS DEL ATA O ANO QUE VEN.

ATA O ANO TORIBIO!!

 

Distribuir contido