Escola de Cruceiro

O CABALIÑO DE MAR

"O CABALIÑO DE MAR É UNHA AVE? É UN INSECTO? É UN MAMÍFERO?
NOOOON ! O CABALO DE MAR É UN PEIXE !!

PODE MOVER OS OLLOS PARA CADA LADO (DE FORMA INDEPENDENTE). TEN COROA, ANEIS E ALETAS.
O CABALIÑO QUERE AGARRARSE COA COLA.

  COME PLANCTON. CHUPA A COMIDA, NON TEN DENTES. NON TEN ESTÓMAGO, CANDO COME SACA A CACA, E OUTRA VEZ:  COME E FAI CACA...

A FEMIA PON OS OVOS NA BARRIGA DO MACHO E DESPOIS DO PAPÁ NACEN CENTOS DE CRÍAS"

GRAZAS AO PAPI DE MANUEL POR AMOSARNOS  O CABALIÑO E POR DEVOLVELO AO MAR, PARA QUE VIVA!!

RETIRANDO SOMBRAS

MULLERES EXCEPCIONAIS HÓUBOAS DENDE SEMPRE.
MAIS É TRISTE SABER QUE TAMÉN DENDE HAI TEMPO HOUBO QUEN QUIXO OCULTAR PARA A HISTORIA A VIDA DAS MULLERES E DEIXAR NA SOMBRA OS SEUS ACTOS GRANDES OU PEQUENOS. AÍNDA HAI HOXE QUEN INSISTE EN OCULTALAS...
É TEMPO DE RETIRAR AS SOMBRAS !!

O 8 de marzo, as crianzas do Colexio San Benito de Madrid tiñan planificado visitar o coñecido como Mural Feminista de Ciudad Lineal. Cando alí chegaron viron que os rostros das mulleres nel representadas foran tapados cunha negra capa de pintura, coma se quixeran ocultar as súas vidas, deixar os seus actos nunha escura, escura sombra. Nós quixemos darlles nova luz. Coñecer, sorprendérmonos, aprender delas. Retirar as sombras...

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebarbanza/escolares-de-rianxo-pintan-un-mural-feminista-nunha-praza-de-taragona-BM6853388

POLA BEIRA DO RÍO

MARTIÑO, LUCAS, ANDER, MARTINA, CANDELA, LUCÍA, MARTÍN, MANUEL E THIAGO ILUSTRAN , RECITAN E CANTAN
"POLA BEIRA DO RÍO"

Poemiñas: Tradición oral - Luís Prego.

Música tradicional arranxada por Álvaro Iglesias e Luís Prego.

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

RIEIROS

NA RIBEIRA DO TÉ, O AMIGO EMILIO APRENDEUNOS A COÑECER E RESPECTAR OS NOSOS RÍOS. A CALIDADE DAS SÚAS AUGAS, A DIVERSIDADE DA FLORA E A FAUNA QUE OS HABITAN, O SEU VALOR NO NOSO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL.

COMA MERLIÑOS RIEIROS. ASÍ PASAMOS UNHA FERMOSA MAÑÁ POLA BANDA DO RÍO.

 

LEITUGADAS

NOS COMEZOS DO INVERNO O AMIGO EMILIO AXUDOUNOS A INSTALAR UNHA HORTA NO PATIO.
REPOLOS, CEBOLA E CEBOLO, CABAZAS, AMOROTES E AMORODOS FORON ALGÚNS DOS VEXETAIS QUE FIXERON POR BOTAR RAÍCES NESE ESPAZO QUE ENCHEMOS DE TERRA , FERTILIZAMOS E REGAMOS COAS NOSAS MANS.

 COAS LEITUGAS E CENORIAS QUIXEMOS PREPARAR  SABOROSAS ENSALADAS.
CON QUEIXO, ATÚN E OVO AS PRIMEIRAS. CON NOCES E FROITAS, AS SEGUNDAS.

 

ROTEIRO DA BEIRAMAR

 O SARILLO, A PUNTA DE IÑOBRE, A PEDRA VIÚVA, AS BRAÑAS DA VESADA, AS PRAIAS DA SALGUEIRIÑA E DA TORRE...
FERMOSO ROTEIRO E FERMOSAS PALABRAS PARA CELEBRAR A NOSA LÍNGUA E PERCORRER OS NOSOS CAMIÑOS, COMA SE FORAMOS PELEGRÍNS NA PROCURA DAS ORIXES...

O ROTEIRO DA BEIRAMAR FORMA PARTE DO CAMIÑO "A ORIXE" DE PELEGRINAXE Á COMPOSTELA POR TERRAS DA BARBANZA

CAMIÑO DA IGREXA

 

 O CAMIÑO DA IGREXA CHAMOU POLOS NOSOS PASOS DURANTE OS MESES DE ESCOLA
E NÓS, APRENDICES DAS LINGUAXES DO MUNDO, FOMOS MÁIS DE 1 VEZ ONDA EL. 

 O CAMIÑO DA IGREXA LEVA TAMÉN A CAMIÑANTES Á CASA, AO LAVADOIRO E Á FONTE DO CURA.
E CON ALGO DE SORTE, MESMO É QUEN DE OS LEVAR ATA UNHA PARTE DO NOSO PASADO.

https://picasion.com/

BOLSAS PARA MEDIR O CO2

GRAZAS AOS PROTOCOLOS DE PROTECCIÓN ANTE O COVID SOUBEMOS DA IMPORTANCIA DE RESPIRAR UN AIRE LIMPO.
SOUBEMOS TAMÉN QUE A FORMA DE PODER GARANTILO SERÍA TER UN APARATO QUE MEDIRA O CO2 EXISTENTE NO AIRE QUE COMPARTIMOS NAS AULAS .
O QUE NON SOUBEMOS, NUN PRINCIPIO, FOI COMO CONSEGUIR TER UN DESES MEDIDORES CIENTÍFICOS...

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2021/02/06/ninos-taragona-combaten-covid-vena-artistica/0003_202102B6C2992.htm

 FINALMENTE, DESPOIS DE PROBAR ALGUNHA QUE OUTRA FORMA DE FACELO, FOI O VALOR DA NOSA ARTE PLASMADA EN BOLSAS DE TEA O QUE NOS PERMITIU TER O MEDIDOR DE CO2
QUE VELOU A COTÍO POLA CALIDADE DO AIRE QUE RESPIRAMOS NA ESCOLA.

EU SON LIBRE

CO E DE ANDER, CO U DE LUCÍA, CO S DE LUCAS, CO O DE THIAGO, CO N DE MARTÍN,
CO L DE CANDELA, CO I DE MARTINA, CO B (DE BEIROA),  CO R DE MARTIÑO, CO E DE MANUEL

EU SON LIBRE

QUE NADA NOS LIMITE, QUE NADA NOS DEFINA, QUE NADA NOS SUXEITE,
QUE A LIBERDADE SEXA A NOSA PROPIA SUBSTANCIA

(ROSALÍA. SIMONE DE BEAUVOIR)

DO BERCE Á LÚA

MARTIÑO, LUCAS, ANDER, MARTINA, CANDELA, LUCÍA, MARTÍN, MANUEL E THIAGO
RECITAN  "CROCODILO" E  "CINCO" , DE ANTONIO RUBIO E ÓSCAR VILLÁN.

Editorial: Kalandraka (Colección Do Berce á Lúa )

Música: Aida Saco

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

Distribuir contido