Escola de Cruceiro

POMBIÑAS DA MEMORIA

OS RECORDOS SON COMO POMBAS BRANCAS QUE ANIÑAN NA NOSA MEMORIA.
DÍO TOÑO NUÑEZ, E NÓS DÁMOSLLE CRETO.

 DO POMBAL ONDE ANIÑAN OS NOSOS RECORDOS QUIXEMOS DEIXAR VOAR ALGUNHAS POMBIÑAS...

MOITO GOSTAMOS DELAS ! PERO UNHA, A POMBA DE ROI, EXCITOU O NOSO INTERESE...

FOLLAS DE OUTONO

O OUTONO PRIMEIRO TROUXONOS AO SEÑOR MAGO E A FOLLA. DESPOIS A TOÑO NUÑEZ, O AUTOR DO LIBRO DO QUE TANTO GOSTAMOS.
TOÑO COMPARTIU CON NÓS UNHA FERMOSA  E REIVINDICATIVA MAÑÁ NA BIBLIOTECA DE DANIEL.

   

O SEÑOR MAGO E A FOLLA COMPARTEN DENDE HAI TEMPO OS NOSOS MOMENTOS DE LECTURA.

     
     
     

FOI TEMPO PROPICIO TAMÉN PARA O REGRESO DOS VERSOS DE UXÍO NOVONEYRA.

FERMOSO OUTONO, QUE DEIXOU CAER, XUNTO COAS FOLLAS, FANTASÍA E POESÍA...

PINGAS DE LUZ

SOMOS PINGAS DE LUZ CONTRA AS VIOLENCIAS

25N

ACOMPAÑA O NOSO CAMIÑO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

BOLBORETAS

 AS BOLBORETAS E AS POLILLAS TEÑEN DOUS PARES DE ÁS SIMÉTRICAS DAS QUE MOITO GOSTAMOS.
DELAS ASOMBROUNOS A SÚA ESPECTACUAR METAMORFOSE.  PERO DESCUBRIR OS SEUS ENORMES OLLOS E A SÚA LONGA ESPIRITROMPA NON FOI MENOS INTERESANTE.

GRILO

NO OUTONO, NA HERBA DAS CASAS DE ROI E CARLOTA CANTABAN AÍNDA OS GRILOS. CON ESTES CURIOSOS ANIMAIS QUE CANTAN COAS ÁS COMEZAMOS A DESCUBRIR O MUNDO DOS INSECTOS.

CRÍAS DE RA

EMILIO CONVIDOUNOS A DESCUBRIR CRÍAS DE RA NO ESTANQUE DA CASA DOS AVÓS.
  EMILIO ESTABA NA ESCOLA DE PRIMARIA PERO A AVOA CONVIDOUNOS A MERENDAR E O AVÓ DEIXOUNOS LEVAR UN PAR DE DÍAS UNS POUCOS CÁGADOS Á ESCOLA.

DURANTE ESES DÍAS NON OBSERVAMOS NIGÚN CAMBIO NESES PEQUENOS ANIMAIS, PERO BEN SABIAMOS COMO ÍA SER A SÚA TRANSFORMACIÓN

RAS

A SÚA VIDA INÍCIASE NA AUGA E ATA O FINAL DOS SEUS DÍAS NUNCA SE VAI ALONXAR DELA.
DURANTE UNHA MAÑÁ UNHA RA E UNHA POUCA AUGA DO SEU ESTANQUE VIÑERON Á ESCOLA E PUIDEMOS OBSERVALA DETIDAMENTE E CON COIDADO DE NON CAUSARLLE MÁIS MOLESTIAS.

A METAMORFOSE QUE SOFRE O SEU CORPO, A PECULIAR FORMA DE EMITIR OS SEUS CANTOS, A POTENCIA DOS SEUS SALTOS...  MOITO PUIDEMOS DESCUBRIR A PARTIR DA VISITA DESTA NOSA AMIGA !

 

 

RÍO TÉ

LONDRAS, TROITAS, MERLO E MERLO RIEIRO, RA, LAVANDEIRA,  MARTIÑO PEIXEIRO, LAGARTO DAS SILVEIRAS, RAPOSO E PORCOS BRAVOS.
COÑECEMOS A FAUNA DO RÍO TÉ NO SEU HÁBITAT 

ESTEIRO DO RÍO TÉ

GAIVOTAS PATIAMARELAS, GAIVOTAS CHORONAS, GARZOTA E GARZA REAL, MARTIÑO PEIXEIRO, MAZARICOS, CORVOS MARIÑOS, LAVANCOS MACHO E FEMIA E ATA UN PARRULO MANDARÍN FACENDO TURISMO NO ESTEIRO DO TÉ.

DESCUBRIMOS OS ANIMAIS NO SEU HÁBITAT.

Distribuir contido