Escola de Cruceiro

BOLBORETAS

 AS BOLBORETAS E AS POLILLAS TEÑEN DOUS PARES DE ÁS SIMÉTRICAS DAS QUE MOITO GOSTAMOS.
DELAS ASOMBROUNOS A SÚA ESPECTACUAR METAMORFOSE.  PERO DESCUBRIR OS SEUS ENORMES OLLOS E A SÚA LONGA ESPIRITROMPA NON FOI MENOS INTERESANTE.

GRILO

NO OUTONO, NA HERBA DAS CASAS DE ROI E CARLOTA CANTABAN AÍNDA OS GRILOS. CON ESTES CURIOSOS ANIMAIS QUE CANTAN COAS ÁS COMEZAMOS A DESCUBRIR O MUNDO DOS INSECTOS.

CRÍAS DE RA

EMILIO CONVIDOUNOS A DESCUBRIR CRÍAS DE RA NO ESTANQUE DA CASA DOS AVÓS.
  EMILIO ESTABA NA ESCOLA DE PRIMARIA PERO A AVOA CONVIDOUNOS A MERENDAR E O AVÓ DEIXOUNOS LEVAR UN PAR DE DÍAS UNS POUCOS CÁGADOS Á ESCOLA.

DURANTE ESES DÍAS NON OBSERVAMOS NIGÚN CAMBIO NESES PEQUENOS ANIMAIS, PERO BEN SABIAMOS COMO ÍA SER A SÚA TRANSFORMACIÓN

RAS

A SÚA VIDA INÍCIASE NA AUGA E ATA O FINAL DOS SEUS DÍAS NUNCA SE VAI ALONXAR DELA.
DURANTE UNHA MAÑÁ UNHA RA E UNHA POUCA AUGA DO SEU ESTANQUE VIÑERON Á ESCOLA E PUIDEMOS OBSERVALA DETIDAMENTE E CON COIDADO DE NON CAUSARLLE MÁIS MOLESTIAS.

A METAMORFOSE QUE SOFRE O SEU CORPO, A PECULIAR FORMA DE EMITIR OS SEUS CANTOS, A POTENCIA DOS SEUS SALTOS...  MOITO PUIDEMOS DESCUBRIR A PARTIR DA VISITA DESTA NOSA AMIGA !

 

 

RÍO TÉ

LONDRAS, TROITAS, MERLO E MERLO RIEIRO, RA, LAVANDEIRA,  MARTIÑO PEIXEIRO, LAGARTO DAS SILVEIRAS, RAPOSO E PORCOS BRAVOS.
COÑECEMOS A FAUNA DO RÍO TÉ NO SEU HÁBITAT 

ESTEIRO DO RÍO TÉ

GAIVOTAS PATIAMARELAS, GAIVOTAS CHORONAS, GARZOTA E GARZA REAL, MARTIÑO PEIXEIRO, MAZARICOS, CORVOS MARIÑOS, LAVANCOS MACHO E FEMIA E ATA UN PARRULO MANDARÍN FACENDO TURISMO NO ESTEIRO DO TÉ.

DESCUBRIMOS OS ANIMAIS NO SEU HÁBITAT.

FAMILIA

VELAÍ A GRAN FAMILIA DOS ANIMAIS, A NOSA FAMILIA DOS SERES VIVOS.

 

ARRIBA LIMONES

Grazas á transmisión oral o cancioneiro popular galego perviviu na memoria colectiva.

Minia compartiu con nós esta fermosa cantiga nun curso escolar especialmente enriquecido co noso patrimonio.

Aula de 4 e 5 anos.

ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO

ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO, PROMOVIDA POLA "SOCIEDAD HIJOS DE TARAGOÑA",
BÓS AIRES, 1929.

http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/edicion/extras/dc56ef_doc_164_01.pdf

Distribuir contido