Escola de Cruceiro

BOMBEIROS

NO SIMULACRO DE INCENDIO REALIZADO NESTE CURSO TAMÉN TIVEMOS TEMPO PARA A DIVERSIÓN

GAUDÍ

GAUDÍ CHEGOU Á ESCOLA POR CAMIÑOS DISTINTOS.  LIBROS, XOGOS, DOCES E VIAXES DAS NOSAS FAMILIAS FORON ACHÉGANDONOS Á OBRA DESTE GRANDE ARQUITECTO

COÑECIMOS O SEU FAMOSO LAGARTO E VARIAS DAS SÚAS EDIFICACIÓNS, COMA A SAGRADA FAMILIA, A FAVORITA DE NOELA NA SÚA VIAVE A BARCELONA

E SABOREAMOS UNHAS CHOCOLATINAS E GALLETAS QUE NOS FIXERON APRECIAR AÍNDA MÁIS O MUNDO DA ARQUITECTURA !!

ESPAZOS DE XOGO

DA ARQUITECTURA SOUBEMOS QUE, ADEMAIS DE PROXECTAR EDIFICIOS, DESEÑA A CREACIÓN DE ESPAZOS PARA O NOSO GOCE.
EN RIANXO, Á BEIRA DO AUDITORIO, DESCUBRIMOS UN PARQUE DE XOGOS DESEÑADO POR AMANCIO, ARQUITECTO POETA CO QUE PUIDEMOS FALAR POR TELÉFONO.
MOITO GOSTAMOS DE SABER QUE O BARCO NO QUE XA TIÑAMOS XOGADO É UN HOMENAXE A MANUEL MARÍA!
E NON QUIXEMOS DEIXAR DE HABITALO TAMÉN COS NOSOS SOÑOS...

EDIFICIOS

CARLOS E MARTA ACOMPAÑARONNOS UNHA MAÑÁ NA ESCOLA.
ELES PRÉSTANSE A FALAR SOBRE CALQUERA TEMA, PERO VISTO O INTERESE QUE NÓS TIÑAMOS POLA ARQUITECTURA SORPRENDÉRONNOS CON INFORMACIÓN BEN INTERESANTE SOBRE ESTA ARTE E AGASALLÁRONNOS CON IMAXES DAS QUE MOITO GOSTAMOS!

   
   

ANIMADOS POLA VARIEDADE DE PROPOSTAS, TAMÉN NÓS DESENVOLVIMOS A NOSA CREATIVIDADE CONSTRUTORA!

MANUEL MARÍA: O CUCO

" ÓESE POLA CARBALLEIRA
O VELLO CUCO SOURIL
Ó NACER A PRIMAVERA
ENTRE O MARZO E O ABRIL"

Manuel María.
Terra Chá

MANUEL MARÍA: O LOBO

Ven o señor Lobo
- que medo, neniño!-
polo monte abaixo
e asusta ó camiño!

 

Trae lume nos ollos;
nos dentes, coitelos
tan ben afiados
que dá medo velos!

Que dá medo velos;
arrepío ollalos…!
Ven o señor Lobo
con instintos malos!
Anda paseniño
con pasos calados.
Años e ovellas:
estarán gardados?
Ven o señor Lobo
con paso seguro:
a luz dos seus ollos
fura no escuro!
Escóitase ó lonxe
perdido entre matos,
na soidá do monte,
oular de lobatos.
Chega o señor Lobo.
A súa ollada fría:
pon os pelos dreitos,
o sangue arrepía…!

O sangue arrepía,
o corazón xea:
está o señor Lobo
venteando a aldea!

Manuel María
Os soños na gaiola

MANUEL MARÍA: O MEU BARCO

" TEÑO UN BARCO DE XOGUETE
E NEL ME QUERO EMBARCAR
POLOS MARES DOS MEUS SOÑOS
QUEN ME VERÁ NAVEGAR! "
...Manuel María
Os soños na gaiola

MANUEL MARÍA: A PALABRA

MANUEL MARÍA, POETA DA TERRA CHÁ E  DOS NOSOS SOÑOS , REGRESA UN ANO MÁIS Á ESCOLA.
E DESTA VEZ SABÉMONOS MOI ACOMPAÑADOS E ACOMPAÑADAS NO GOCE DA SÚA PALABRA ...

"QUERO TER A PALABRA MÁIS SINCEIRA,
A MÁIS CABAL, MÁIS NOBRE E TRANSCENDENTE,
QUE SEXA AO MESMO TEMPO, GRAN, SEMENTE,
INVERNO, V´RAN, OUTONO E PRIMAVERA...

... POIS O NOSO FIEL POETA É O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NA CELEBRACIÓN DAS NOSAS LETRAS.

QUERO A PALABRA PURA, RECENDENTE,
FERMOSÍSIMA, NIDIA, VERDADEIRA
QUE TEÑA O RITMO BARIL DA MUIÑEIRA
E A CLARIDADE DA AUGA TRANSPARENTE

 QUERO A PALABRA CERTA CARA A VIDA,
A PALABRA QUE FERE, QUE ALOUMIÑA;
E VAI PARA AVE, NUBE, FLOR , CANCIÓN.

QUERO A PALABRA ESPIDA, ALPORECIDA
E, AO MESMO TEMPO, LENE, SOLERMIÑA
QUE É SAL NOS BEIZOS E LUZ NO CORAZÓN "

MANUEL MARÍA.

OS LONXES DO SOLPOR

Distribuir contido