En boas mans

CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL

O VENRES 10 DE XUÑO A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DESPLAZASE ATA A PRAIA DE TANXIL, EN RIANXO, PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL.

RECOLLIDA DE TAPAS, ACEITE, PILAS

QUIQUE, DO CONCELLO DE RIANXO, VEU VISITARNOS Á ESCOLA.
NA CONVERSA QUE MANTIVEMOS SOUBEMOS QUE TODOS NÓS COINCIDIMOS NO INTERESE CARA O COIDADO DA NATUREZA. 
 E DESPOIS DA SÚA VISITA NON TARDAMOS EN PÓR EN MARCHA NESTE CURSO OS PROGRAMAS DE RECOLLIDA DE ACEITE, TAPAS DE PLÁSTICO E PILAS!!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O VENRES 5 DE XUÑO, COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DESPLAZARASE ATA A PRAIA DE TANXIL, EN RIANXO, PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL.

RUBÉN

O NOSO COMPAÑEIRO RUBÉN TIVO QUE INGRESAR NO HOSPITAL PARA QUE LLE FIXERAN UNHA PEQUENA INTERVENCIÓN  QUIRÚRXICA. AGORA VAI TER QUE QUEDAR SEN VIR Á ESCOLA DURANTE ALGUNHAS SEMANAS

UN SAÚDO ENOOORME PARA TODO O PERSOAL SANITARIO QUE AXUDOU AO NOSO COMPAÑEIRO!
E MOITOS BICOS PARA RUBÉN E A SÚA FAMILIA!!

(E PARA TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, COMO SAÚL, IVÁN, MATEO, NOA R,... QUE ÁS VECES TEÑEN QUE QUEDAR NA CASA PORQUE ESTÁN PACHUCHOS...)

POSTA A PUNTO

 FACER UNHA " POSTA A PUNTO" DO NOSO PATIO É UNHA BOA FORMA DE COMEZAR UN BO ANO E UN BO TRIMESTRE. POIS VEÑA ... A TRABALLAR!!

PANTASMAS PARA DANIEL!!!

 

ANTES DE IR Á PRIMEIRA SESIÓN DE BIBLIOTECA DESTE CURSO, DANIEL FÍXONOS UN AGASALLO,

OS SEUS CADERNOS, E TAMÉN UNHA ENCOMENDA: MONSTROS

E NÓS ADEMÁIS DE DEBUXAR UNS MONSTROS BEN MONSTRUOSOS

FIXEMOS UNHAS PANTASMAS CON MATERIAL DE REFUGALLO QUE QUEDARON ASÍ.

 

COIDAMOS AS NOSAS PRAIAS

Os nenos e nenas do CRA de Rianxo dende a área de Relixión tamén nos sumamos á defensa do medio ambiente. Partindo dos textos bíblicos sobre a Creación, nos embarcamos nunha actividade de carácter ecolóxico. A través dos relatos da Biblia contemplamos o mundo como un agasallo de Deus que é necesario coidar e mimar.

Así pois decidimos axudar ao noso amigo o Capitán Planeta na defensa do medio ambiente e fixemos unha actividade onde aprendemos a coidar as nosas praias.

 Praia da Torre

 

 Praia de Tanxil

 

En asamblea partindo das fotografías de dúas das praias máis importantes de Rianxo: a Praia de Tanxil e a Praia da Torre, comentamos o importante que son as praias nas nosas vidas xa que son lugares que nos proporcionan tanto diversión como recursos, son sitios nos que nos podemos ir bañar, tomar o sol, xogar coa area... pero tamén son ecosistemas que debemos coidar e respetar, que forman parte do mar que nos proporciona tantos productos como o peixe ou o marisco.

Partindo de todo o que falamos decidimos eleborar uns carteis ecolóxicos coas fotos das nosas praias. A profe Celia tróuxonos á clase debuxos para colorear e recortar, onde aparecían todos os elementos para crear unha praia coidada e ecolóxica, unha praia onde os nenos e nenas se poidan divertir e ao mesmo tempo se respeten os seres vivos e se recolla e recicle a basura que se poida producir.

Así pois puxémonos a traballar todos xuntos para elaborar os carteis. Primeiro coloreamos todos os debuxos:

 

Despois os fomos recortando entre todos:

 

E por último utilizando unha cartulina como base compuxemos os nosos carteis:

Este foi o resultado aquí tendes un exemplo de como nos quedaron:

Despois colgamos os nosos carteis nun lugar visible da aula para lembrarnos do importante que é coidar do noso entorno máis próximo. Con esta actividade non só aprendimos moitas cousas sobre a Creación de Deus, senón que tamén desenrolamos a nosa conciencia ecolóxica, falando e explicando o importante que son as praias no desenrolo da nosa comarca, do importante que é non enlixar os lugares da nosa contorna e como podemos facer para evitalo. E por outra parte practicamos o aprendizaxe colaborativo, traballando todos xuntos aprendemos a querernos e respetarnos, compartindo material, escoitando as opinións dos demáis e axudándonos uns aos outros para levar a cabo unha tarefa común.

A continuación podedes ver as galerías de imaxes da actividade:

Galería 1 (Cuvide, Cruceiro e Pazo)

 

Galería 2 (Capela, Quintáns e Rañó)

 

Bueno pois coma sempre esperamos que vos gustase moito o noso traballo, moitos, moitos bicos dos nenos e nenas de Relixión. Ata a próxima!

ÚLTIMA MISIÓN!!!!!!

GRAZAS CAPITÁN PLANETA POR ENCOMENDARNOS ESTA ÚLTIMA MISIÓN!!!!! PASÁMOLO EN GRANDE E DEIXAMOS A PRAIA MOI PERO QUE MOI LIMPA!!!!

AXUDAMOS AO CAPITÁN PLANETA

FAI UNHOS DÍAS RECIBIMOS UNHA CARTA DO CAPITÁN PLANETA, 

NA QUE NOS PEDÍA AXUDA PARA LIMPAR A PRAIA DA TORRE.

DESPOIS DE FACER A SEPARACIÓN DO LIXO DURANTE TODO 

O CURSO FOI UNHA  COUSA DOADA FACER A SELECCIÓN

DO RECOLLIDO ENTRE TODOS.  

 

COS PLÁSTICOS, LATAS, BOTELLAS.....

 FIXEMOS  UN "ARREPIANTE MONSTRUO" ANTES  DE 

IR AOS CONTENEDORES.

ESPERAMOS QUE A XENTE QUE VAIA ESTE ANO 

ATA ALÍ SEXA COIDADOSA E RESPETE O ENTORNO.

LIMPEZA NA PRAIA

O VENRES 30 A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DESPLAZARASE ATA A PRAIA DA TORRE (PRAIA DO SALGUEIRIÑO), EN TARAGOÑA, PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL

ver a nova na

SECCIÓN "EN BOAS MANS"

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE CRUCEIRO A e B

Distribuir contido