Taboleiro

IMOS AO TEATRO!

O VINDEIRO SÁBADO 28 DE ABRIL A NOSA ANPA IRMÁNS INSUA CONVÍDANOS AO TEATRO. VEREMOS A OBRA MISTERIOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DE RIANXO ÁS 12:00 DA MAÑÁ. CONTAMOS CON TODOS VÓS, ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!

PIONEIRAS

Por segundo ano consecutivo o noso centro celebrou o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, adicándolle a Sesión de Biblioteca e Música do 2º trimestre. Se ben o ano pasado nos centrabamos na figura da muller científica, este ano adicamos a sesión ás mulleres pioneiras. Dentro das diversas actividades desta xornada, dende a nosa  ANPA Irmáns  Insua organizouse un obradoiro de pintura onde os nosos nenos e nenas deron forma ás figuras destas mulleres que abriron camiño. Como colofón a esta xornada tan especial mañá, no Auditorio Municipal de Rianxo, inaugúrase a exposición PIONEIRAS, onde se expoñen as pezas que crearon os nosos nenos e nenas. Dende o CRA  queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron isto posible  e invitamos a todo o mundo a que se pase polo auditorio a ver a exposición.

PLANTANDO NO CAMPO DE SAN ANTÓN

A vindeira semana levaremos a cabo unha xornada de educación medioambiental onde nos desprazaremos ata o Campo de San Antón na parroquia de Leiro para realizar unha plantación de árbores. A actividade está organizada polo Equipo de Voz Natura do centro e conta coa colaboración da ANPA. Tamén aproveitaremos para facer unha visita ao muiño de Xosé María en Rial. A principios de semana concretaremos a data xa que estamos pendentes das previsións meteorolóxicas.

CLUBE DE CIENCIA CRA DE RIANXO

Este mércores 31 de xaneiro en horario de 5 a 6 da tarde comeza a súa andadura o noso Clube de Ciencia. Estarán con nós os nosos amigos de Arenaria para ensinarnos un montón de cousas sobre ciencia e natureza, charlando, experimentando e sorrindo.

FAUNA MARIÑA

MAXIA OU CIENCIA 

ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS CA ANPA

A Anpa Irmáns Insua do noso cole invitanos a realizar unha serie de actividades medioambientais relacionadas ca conservación do noso medio natural. Nos vindeiros días chegarán ás nosas escolas unhas caixiñas marabillosas que agochan un segredo cheo de vida:

                                                                 

Unha semente que imos plantar e coidar para ver como agroma e como nace unha árbore. A Anpa ten planificado organizar unha plantación con todas estas arboriñas criadas na escola dende o coidado, o respeto e o amor pola natureza. Tamén nos invita a ler o conto A árbore da escola que,  ao igual que a caixiña, tamén chegará ás nas nosas escolas nos vindeiros días:

Nós coma sempre estaremos encantados e encantadas de sumarnos a esta iniciativa e traballaremos dende as nosas escolas para mellorar o noso entorno e por tanto as nosas vidas.

TARDES CON DANIEL

Hoxe a nosa biblioteca volve abrir as súas portas no seu horario habitual, ao redor das 17:00 h a profe Vero de Capela vainos contar Carabuñas.

Animádevos a participar

TARDES CON DANIEL

Hoxe pola tarde despois destas saborosas vacacións de Nadal o noso amigo Daniel volve convidarnos a pasar unha tarde divertida en compaña dos libros. A nosa biblioteca abre ás súas portas no seu horario habitual , e en torno ás cinco da tarde a profe Marién nos conta La gran fábrica da las palabras. Animádevos a participar

Pesentación guía de lectura do concello

Hoxe pola tarde como se nos indica no cartaz terá lugar a presentación da guía de lectura do concello, en representación do CRA de Rianxo asistirá a aula de Pazo Primaria. Os nosos nenos recitarán poemas da obra "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro.

Animádevos a participar!

Imaxes da actividade

Tardes con Daniel

ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA ANPA IRMÁNS ÍNSUA DO CRA DE RIANXO

O C.R.A. de Rianxo preseleccionado na convocatoria de Clubes de Ciencia

O CLUBE DE CIENCIA NAUTILUS

O C.R.A. de Rianxo foi preseleccionado pola

Consellería de Educación para participar na convocatoria

do programa de innovación educativa "Club de Ciencia".

O C.R.A. de Rianxo presentou o proxecto

"Clube de Ciencia Nautilus", no que se prevé

a realización dos seguintes talleres:

A Maxia da Ciencia

Fauna Mariña

Mundo é química

Fovivos, a historia do Planeta

Investigando o corpo humano

O proxecto Clube de Ciencia Nautilus pretende animar

a curiosidade científica dos nosos alumnos e alumnas,

nunhas idades nas que a curiosidade invade os seus intereses.

O proxecto busca formar nos nenos e nas nenas

hábitos de coñecemento a través

da investigación e da exploración

   
Distribuir contido