Actividades

Avaliación 2º trimestre

Seguindo as instruccións da Consellería de Educación o profesorado do centro está a realizar as avaliacións correspondentes ao 2º trimestre deste curso.

A comunicación dos resultados das avaliacións ás familias, vai ser a través da aplicación AbalarMobil.

Tedes información neste enlace EspazoAbalar

Prevemos publicar as notas, se nos é posible venres que ven, polo que é moi importante que activides a aplicación AbalarMobil, nos vosos móbiles.

Se tedes algunha dificultades, por favor poñedevos en contacto coas vosas titoras e titores.

O equipo directivo

Rianxo a 1 de Abril de 2020

Novas propostas e actividades na nosa Aula Virtual

No noso espazo virtual "A Luzada" temos actividades novas das que vos imos dar conta pero antes quero preguntarvos sabedes que é "A Luzada", "Ir á Luzada", aí queda a proposta de investigación. Bon unha pista ou mais ben unha precisión, para ben, ben decilo, debemos decir "Imos á lusada", bon a investigar.

Bon pois como novedades imos destacar:

Propostas de Arte, que nos traen da Aula de Cruceiro 5º e 6º de E. Infantil, e son propostas elaboradas na propia aula. aí vos queda o enlace directo ao traballo titulado "Cara de froita"

Propostas de música, atrevédesvos a compoñer? podedes intentalo na nova que hai na aula de música "Crea Melodías".

Na aula de Ingles tamén temos novedades, visitádea, e lembrade que nesta aula as propostas de actividades están no apartado de /foro/

Xa e para hoxe propóñovos visitar o espazo que Arenaria preparou para investigar ciencia dende a casa. Espazo de Arenaria Coordinación.

 

 

1º Roteiro da natureza

O Clube da Natureza da ANPA Irmáns Ínsua, programa o 1º Roteiro da Natureza:

DATA: 12 DE OUTUBRO

PUNTO DE ENCONTRO: PRAIA DA TORRE

DURACIÓN: 2 HORAS

PREZO: 2 EUROS

Descarga o cartel

Escola de familias - Programa Apego

Faladoiros de alimentación saudable (Inscripcións entre o 9 e o 22 de setembro)

Obradoiros de disciplina positiva (Inscripcións entre o a e o 22 de abril)

Mindfulness en familia (Inscripcións entre o 9 e o 23 de Outubro)

Información en: Servizo de Normalización Lingüístico do Concello de Rianxo

Tfno: 881 988 891 e 981 860 075

 

 

FESTA DE FIN DE CURSO

O XOVES 20 DE XUÑO A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA DE RIANXO REUNIRASE NA ESCOLA DE CAPELA PARA FESTEXAR A SÚA DERRADEIRA REUNIÓN CONXUNTA DO CURSO 2018-2019.
XUNTO CO ESPECTÁCULO TEATRAL " CHOCOLATE" ESTÁN PROGRAMADOS OBRADOIROS DE CHOCOLATE, HERBAS DE SAN XOÁN, POMPAS DE XABÓN, CORES DA DIVERSIDADE E XOGOS POPULARES

CLUBE DE CIENCIA CRA DE RIANXO

Este mércores 31 de xaneiro en horario de 5 a 6 da tarde comeza a súa andadura o noso Clube de Ciencia. Estarán con nós os nosos amigos de Arenaria para ensinarnos un montón de cousas sobre ciencia e natureza, charlando, experimentando e sorrindo.

FAUNA MARIÑA

MAXIA OU CIENCIA 

A GALIÑA AZUL

MES DE MAIO, MES DE CASARES.

AQUÍ QUEDA A NOSA PARTICULAR HOMENAXE A CARLOS CASARES E Á SÚA GALIÑA AZUL. UN TRABALLO FEITO CON MOITO ESMERO POR PARTE DOS NEN@S E DAS MESTRAS E MESTRES DO CRA DE RIANXO.

DISFRUTÁDEO, FELIZ MES DE CASARES E FELICES LETRAS GALEGAS DE 2017!

 

MERGULLÁNDONOS NAS NOVAS. SEMANA DA PRENSA 2017.

SEMANA DA PRENSA 2017

Este curso, dende a Biblioteca das amigas e amigos de Daniel e o Equipo de Dinamización lingüística, propuxemos ás nosas familias que se mergullasen na prensa cos seus nen@s. Este ano vémonos rodeados nas nosas escolas, de persoeir@s da nosa cultura pero tamén do noso día a día, así que esa sería a temática principal a atopar nos xornais, revistas, prensa online etc.

A busca deu moito de sí e aquí, queremos compartir convosco o resultado final da actividade. Mostrámosvos unha selección das novas que máis chamaron a atención e máis destacaron durante esta semana e sobre todo, as que máis captaron a atención dos pequenos. Agardamos que vos guste esta reportaxe!

 

Algunhas das novas máis buscadas foron sobre escritoras e escritores. Unha das novas que máis destacou en todas as escolas foi que a compañía aérea Norwergian, fíxose con un avión coa cara da nosa querida Rosalía de Castro. Os nen@s da escola do Cruceiro (tamén chamada Escola Rosalía de Castro), non deixaron pasar a ocasión de construír a súa propia aeronave coa cara da escritora. Toda unha experiencia! Tamén destacaron novas sobre Agustín Fernández Paz e Eduardo Pondal. Escritores da terra que xa non están connosco, pero moi queridos.

 

 

 

 

 

 

Outra das temáticas máis populares entre as familias e os nen@s, foron @s deportistas, cousa que nos alegrou profundamente xa que retomamos o xa traballado co profe Óscar no polideportivo, onde descubrimos que Galicia é unha terra chea de deportistas de éxito. Dende Ana Peleteiro, pasando por Javier Gómez Noya ata os futbolistas máis recoñecidos do momento. Tod@s eles, foron protagonistas da nosa semana da prensa.

 

 

 

 

 

 

 

A política é un tema que está sempre de actualidade e os máis pequen@s sábeno. Así o deixaron ver na súa selección de noticias. Xente destacable como Donald Trump, Iñaki Urdangarín ou Susana Díaz están no ollo do furacán e está moi ben que dende ben pequenos se vaian familiarizando coa xente que toma decisións importantes e que lles afectan tamén a eles, xa que así formaremos persoas críticas para o día de mañá.

 

 

 

 

 

 

 Coa semana da prensa, coincidiu o 8 de marzo. O día internacional da muller. Foi un feito que indubidablemente destacou en todos os medios. Dende as escolas, agardamos que algún día non precisemos de un día da muller, porque dese xeito, a igualdade estará asentada no mundo no que vivimos. Pero mentres tanto, agrádanos que as nosas familias e nen@s, se informen, e fagan salientar as novas que máis lles chaman a atención sobre as mulleres no 8 de marzo, e todos os días do ano. Se nos fixamos, todas as novas que atopamos, versan sobre a situación laboral das mulleres, feito que nos fai reflexionar e darnos conta de que, quizais é un dos campos no que aínda se pode mellorar moito a situación. Por iso é importante transmitir uns valores de igualdade todos os días do ano. Alégranos poder destacar que dentro destas novas, vense moitas cousas positivas e de melloría!

 

 Os persoaxes públicos adoitan saír moito nos medios de comunicación (na prensa entre outros). Os nosos pequen@s, recoñecen ás persoas destacables do momento e así, as familias achegáronnos novas relativas á entrega dos premios Mestre Mateo 2017. En varias escolas recoñeceron a Roberto Vilar, premio Mestre Mateo a mellor comunicador e tamén conductor do programa "Land Rober" da TVG, o cal se alzou tamén co galardón a mellor programa. Os nen@s non dubidarón en aportar información sobre o comunicador bastante recoñecido por eles. Por outra banda, tamén nos chegou unha interesante entrevista a unha muller e gran actriz como é Mabel Rivera. Mabel está actualmente nomeada a mellor actriz aos premios María Casares de Teatro Galego por “Voaxa e Carmín”, obra escrita, dito sexa de paso, por Ester Carrodeguas, dramaturga rianxeira, a cal tamén está nomeada a un María Casares a mellor texto pola citada obra.

 

   

Isto que acabamos de comentar, lévanos á última parte desta reportaxe. Nesta recopilación que fixemos entre escola e familia, algunhas das novas máis bonitas foron as seguintes e por un motivo especial. Son novas relacionadas coa xente da nosa comarca, o Barbanza, e que falan sobre persoas destacadas, cada unha no seu campo. Podemos ver a Ché Tembra, Sonia Levedinsky, Xurxo Gago, Goretti Somoza, Alba Triñanes ou María Magán. Entre todos tocan os campos da arte, a música, a artesanía, os deportes ou a gastronomía, deixando o pabellón da nosa comarca ben alto e cheo de éxitos e recoñecementos.

 

 

 

 

 Xa para rematar, queremos mostrarvos unha selección de fotos do ben que o pasamos traballando todas estas novas nas aulas. Aprendemos sobre o mundo que nos rodea, descubrimos os medios de comunicación e traballámolos de diversas formas. Xogando cos nosos xoguetes, a través das novas tecnoloxías grazas á pizarra e internet e porsuposto a través das nosas mans recortando, pegando, facendo murais con materiais de refugallo, xornais vellos e converténdonos en xornalistas elaborando as nosas propias novas entre moitas outras cousas.

 Foi unha experiencia fabulosa e que non tería sido posible sen a colaboración das nosas familias.

Unha vez máis GRAZAS!

ALMORZOS SAUDABLES!

ONTE OS NOSOS NEN@S DISFRUTARON DUNHA XORNADA DE ALMORZOS SAUDABLES NA AULA ACTIVA DO MAR, ONDE APRENDERON UN POUCO MÁIS SOBRE OS PRODUCTOS DO MAR EN COLABORACIÓN CON CORTIZO, QUE NOS AGASALLOU CUNHAS LATAS DE CONSERVA PARA FACER UNS BOCADILLOS RIQUÍSIMOS E NUTRITIVOS! POR OUTRA PARTE OS NEN@S DE PRIMARIA, PARTICIPARON NA ACTIVIDADE "ALMORZ@ CON BEIZOS BRANCOS, NA CAL NOS EXPLICARON OS ALIMENTOS NECESARIOS PARA OBTER UN ALMORZO BO E SAUDABLE. DESPOIS, TOD@S NOS ACHEGAMOS AO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL, ONDE O MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA NOS PREPAROU UNHA XORNADA DE XOGOS E DEPORTE GALEGO 100%.

CON TODO, ATA NOS QUEDOU TEMPO PARA CONTAR A NOSA EXPERIENCIA NA TELEVISIÓN. AQUÍ VOS QUEDA!

 

 

E TAMÉN SAÍMOS NO XORNAL "A VOZ DE GALICIA", AQUÍ PODEDES VER O ÁLBUM:

 

 

TARDES CON DANIEL

ESTE MARTES LOITAMOS CONTRA A CHOIVA E O TEMPORAL NA BIBLIOTECA DE DANIEL! ESTÉN NEGRAS, BRANCAS OU GRISES, LUCÍA CÓNTANOS...

"BAILAR NAS NUBES"

NON PERDADES OCASIÓN DE VIR PASAR UN RATIÑO AGRADABLE CANDA NÓS!

Distribuir contido