Actividades complementarias

Acordo do Claustro con respecto ás actividades extraescolares

Ante os contínuos recortes sufridos durante estes últimos anos no ensino público, tanto na súa vertente de servizo educativo coma na de colectivo de traballadoras e traballadores, o profesorado do Cra de Rianxo ten refrendado a través do seu Claustro a decisión de manter durante este curso a programación de actividades complementarias, aquelas que se realizan dentro do horario lectivo, pero non programar actividades extraescolares, que requiren para a súa realización o uso de horario non lectivo.

Este acordo non impide, sen embargo, o apoio do profesorado a todas aquelas actividades educativas que, organizadas pola Anpa "Irmáns Ínsua", o Concello de Rianxo ou calquera outra entidade,  teñan que ser realizadas fóra de horario escolar

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2017

 

           O vindeiro mércores 31 de maio as escolas do CRA de Rianxo emprenderemos unha aventura de mar e terra. Na nosa excursión de fin de curso deste ano visitaremos a Illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A organización das actividades que levaremos a cabo neste espazo natural está a cargo de Arenaria: gozaremos todos xuntos dun día de lecer ao aire libre aprenderemos moitas cousas do noso entorno marítimo e da riqueza da nosa ría. Saíremos as 9:00 da mañá das nosas escolas e voltaremos en torno das 18:30 da tarde.

A frautista de Hamelin

O Martes 21 de marzo a Escola da Banda de Música de Rianxo convidounos a un concerto didáctico.

Disfrutamos do conto e da música de  "A frautista de Hamelin".

"Todos os ratos de Rianxo seguiron o son doce da frauta e nun barco foron ata a Illa dos Ratos"

Visitamos o M.A.R.C.O. de Vigo

A vindeira semana visitaremos o Museo de Arte Contémporanea de Vigo en tres quendas que se levarán a cabo o martes 14, o mércores 15 e o xoves 16 de marzo, para ver a exposición "Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz"

XORNADA DE CONCERTO E OBRADOIRO DE HIXIENE BUCODENTAL

                      

Mañá mércores 22 de febreiro @s nos@s nen@s desprazaranse ata o Auditorio Municipal Rianxo para participar nestas dúas actividades. Asistiremos a un concerto didáctico organizado pola Escola de Música de Boiro titulado "O Tempo dos xogos" e nun obradoiro de hixiene bucodental no que colabora a Clínica Doutora Ulloa de Taragoña.

Album de fotos

O ENTROIDO CHEGA AS NOSAS ESCOLAS!!

HOXE COMEZAMOS COA SEMANA DO ENTROIDO, E SABEDES QUEN NOS VEU VISITAR???

   

 

 

 

 

POIS SÍIIII!!! O TORIBIO XA ESTÁ DE VOLTA, DURANTE ESTA SEMANA TEREMOS QUE ESTAR MOI ATENTOS A OS SEUS MANDADOS, E FACER TODO O QUE NOS PIDA!!

COA CHEGADA DO TORIBIO, QUE NOS VISITA TODOS OS ANOS, ARRANCAN AS ACTIVIDADES DE ENTROIDO QUE ESTE ANO REMATARÁN O VENRES DÍA 24 NA ESCOLA DE ABUIN. ALÍ TEREMOS UNHA XORNADA DE CELEBRACIÓN DESTA FESTA TAN POPULAR DA NOSA TERRA.

ASÍ QUE XA SABEDES FAMILIAS, TOD@S @S QUE NOS QUEIRADES ACOMPAÑAR ESTADES INVITAD@S A COMPARTIR CON NÓS ESTE DÍA TAN ESPECIAL, PERO ESO SÍ... TEREDES QUE VIR TOD@S DISFRAZA@S!

  

AGARDAMOS POR VÓS O VENRES 24 NA ESCOLA DE ABUIN A PARTIRES DAS 9 DA MAÑÁ

Album de fotos da festa e do pasarrúas

ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS

Almorzo con leite, mel, pan de Carral e mandarinas

No Liceo Marítimo os alumnos e alumnas de educación primaria do C.R.A. tivemos un taller de almorzos saudables con leite, mandarinas, pan de Carral, mel.

Estiveron con nos Montse, Maria, Diego, da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias e de Caixa Bank.

 

ALBUM

ALMORZOS SAUDABLES!

ONTE OS NOSOS NEN@S DISFRUTARON DUNHA XORNADA DE ALMORZOS SAUDABLES NA AULA ACTIVA DO MAR, ONDE APRENDERON UN POUCO MÁIS SOBRE OS PRODUCTOS DO MAR EN COLABORACIÓN CON CORTIZO, QUE NOS AGASALLOU CUNHAS LATAS DE CONSERVA PARA FACER UNS BOCADILLOS RIQUÍSIMOS E NUTRITIVOS! POR OUTRA PARTE OS NEN@S DE PRIMARIA, PARTICIPARON NA ACTIVIDADE "ALMORZ@ CON BEIZOS BRANCOS, NA CAL NOS EXPLICARON OS ALIMENTOS NECESARIOS PARA OBTER UN ALMORZO BO E SAUDABLE. DESPOIS, TOD@S NOS ACHEGAMOS AO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL, ONDE O MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA NOS PREPAROU UNHA XORNADA DE XOGOS E DEPORTE GALEGO 100%.

CON TODO, ATA NOS QUEDOU TEMPO PARA CONTAR A NOSA EXPERIENCIA NA TELEVISIÓN. AQUÍ VOS QUEDA!

 

 

E TAMÉN SAÍMOS NO XORNAL "A VOZ DE GALICIA", AQUÍ PODEDES VER O ÁLBUM:

 

 

FESTIVAL NADAL 2016

                                   FESTIVAL                                                      

 "SABOREANDO A NOSA CULTURA"

                                                                            

 C.R.A. DE RIANXO 2016

 

O vindeiro mércores 21 de decembro, no Auditorio Municipal de Rianxo, en

horario de 10 a 12:30 h terá lugar o noso tradicional festival de Nadal. A través

de música, poesías, contos e bailes, realizaremos unha homenaxe a diversas

persoaxes da cultura galega. Estades todos e todas convidados e convidadas.

Distribuir contido