Orientación

Dereitos das nenas e dos nenos

No ano 2019 celebramos o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ven de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Enlace á folla na que descargar os textos

 

Avaliación da convivencia no centro

A Subdirección Xeral de Centros, comunicou os resultados da enquisa de Convivencia cuberta ao remate do curso 2019-18

Acceso ao resultado no enlace:   Resultado enquisa convivencia 2018-19

CRA DE RIANXO EN NEGRO

 

   
   
   
   
 
   
   
   
   
   
 
   
 
   
   
 
   

Montando o noso robot MILO

Como nos tiña prometido María, hoxe comezamos a montar os nosos robots.

Primeiro xogamos a facer construccións con variñas de plastico

Logo traballamos no robot Milo.

María abriu unha aplicación no ordenador e nos seguimos as instruccións da aplicación.

 

 

Actividades Rianxo Ciencia 2019

9, 16, 22, 23 e 30 de novembro

Aditorio de Rianxo Biblioteca Municipal Castelao

OBRADOIROS, CHARLAS - COLOQUIO - SHOWS CIENTÍFICOS - EXPOSICIÓNS

Concello de Rianxo, Universidade de Santiago, Deputación de A Coruña e Arenaria.

 

Actividades Rianxo Ciencia 2019

9, 16, 22, 23 e 30 de novembro

Aditorio de Rianxo Biblioteca Municipal Castelao

OBRADOIROS, CHARLAS - COLOQUIO - SHOWS CIENTÍFICOS - EXPOSICIÓNS

Concello de Rianxo, Universidade de Santiago, Deputación de A Coruña e Arenaria.

 

Investigación sobre a violencia de xénero - Ría Arousa

Estudio sobre a Violencia de Xénero nos ámbitos mariñeiros.

Investigación realizada pola UDC, no ámbito da Ría de Arousa

Estudio sobre a violencia de xénero na Ría de Arousa

A Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade de A Coruña e adscrita á Vicerreitoría  de Ferrol, Responsabilidade Social, ven de publicar o seu informe "A violencia de Xénero - A través da visión das mulleres do mar na Ría de Arousa".

"A intención (da investigación) era trenzar unha liña de base que permita establecer, con posterioridade, ámbitos investigadores máis definidos. Unha liña base, que permita entender, siquera sexa dunha maneira simbólica, como se comporta esa violencia nun ámbito onde intuimos, que se agochan hábitos ancestrais que se asumen coma normais. E por riba de todo, entender como perciben esa violencia as mulleres do mar: coñecer o inimigo para combatelo."

 

Fotografías pola igualdade

A Federación Galega de ANPAS de Compostela, compartiu coa ANPA, do C.R.A. de Rianxo, as imaxes da exposición:

Fotografías pola Igualdade.

No contacontos de martes 5 de novembro poderemos velas na Biblioteca.

Logo as profesoraas e os profesores, levaremos as fotografías polas escolas.

Imaxes de Rianxo

Album fotos de Rianxo

VER

Distribuir contido