Orientación
Creación de contidos na nosa web
Instruccións para o profesorado para a creación de contido nesta web.
1.- Acceder á web co usuario e contrasinal facilitado pola persoa administradora.
2.- Se é necesario actualizar a nosa conta individual
3.- Crear contido segunido o manual que se inserta a seguir.
MANUAL DRUPAL 6 DOCUMENTACIÓN PARA AS PERSOAS USUARIAS EDITORAS DE CONTIDO
Recomendacións para o mantemento da web do centro.
- As novedades relacionadas cos departamento e escolas que sexan de interese xeral serán subidas polos departamentos á web e promocionadas á páxina principal.
- Recoméndase utilizar como formato de contido /story/. Estructura: Título, unha foto, texto explicativo corto. Se se desexa ampliar a información pódese crear unha /story/ maior e aloxar no departamento ou escola
- Cada departamento ou escola pode ademais crear contidos para aloxar no apartado do seu departamento ou escola.
Para a creación de historias:
CREACIÓN DE HISTORIAS EN DRUPAL
- Cada semana de forma rotaroria cada escola creará un evento, dun poema, fotografía, conto, canción ... que permanecerá visible unha semana para compartir con todo o centro
Para a creación de eventos ver:
Rianxo a 3 de outubro de 2019
- APIs de Blogue
INFORMACIÓNS ANPA
SEMANA DO CLIMA:
Martes 24 ás 17:00: Contacontos da man da Plataforma pola Defensa do Monte na Biblioteca dos Amigos e Amigas de Daniel
Venres 27 ás 19:00: Charla da cooperativa A Nosa Enerxía, cooperativa de enerxía renovable, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. A continuación ás 20:00 horas na Praza de Padrón concentración pola emerxencia climática.
Sábado 28 ás 17:00: Xincana da man de Ondiñas Mainas na Praia da Torre
Descargar cartaz das actividades
OUTRAS ACTIVIDADES:
Formulario de inscripción na ANPA Descargar
Inscripción Piscina 2019-20 e regulamento. Descargar
Obradoiro de Música. Descargar
- APIs de Blogue
Becas municipais
O B.O.P. publicou o día 11 de setembro a convocatoria de becas municipais, dirixidas ao alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio que na súa unidade familiar non superen o IPREM, con residencia no concello de Rianxo e matriculados nun centro de ensino do Concello.
Mais información en:
Na sede do C.R.A. en Atalaia Asados
Nos servizos sociais do Concello de Rianxo
En Rianxo a 17 de setembro de 2019
- APIs de Blogue
Comezamos o novo curso
Por fin entramos á escola, con moita alegría e ansia. Algunha bagoa por mamá pero estamos moi contentos e contentas de voltar.
- APIs de Blogue
Escola de familias - Programa Apego
Faladoiros de alimentación saudable (Inscripcións entre o 9 e o 22 de setembro)
Obradoiros de disciplina positiva (Inscripcións entre o a e o 22 de abril)
Mindfulness en familia (Inscripcións entre o 9 e o 23 de Outubro)
Información en: Servizo de Normalización Lingüístico do Concello de Rianxo
Tfno: 881 988 891 e 981 860 075
- APIs de Blogue
O que pode facer unha persoiña de tres anos
A linguaxe oral comeza a ser o seu medio de comunicación. Emprega oracións moi simples, formula preguntas e encántalle cantar cancións e inventalas. Ten moita curiosidade por canto lle rodea. Está constantemente manipulando e explorando obxectos, polo que permance pouco tempo nunha actividade. Disfruta da compañía de outros nenos e nenas compartindo xogos, pode pedirlles xoguetes, interactua cos demais. Pode facer cousas sen ou con pouco apoio do adulta. Vai so ao bañoe require pouca axuda. Aliméntase de forma independente e utiliza cubertos. Utiliza a totalidade do corpo de forma mais coordenada e amosa interese polos xogos que impliquen movementos corporais, carreiras, escondite, pillarse
|
|
Imaxe tomada da galeria de imaxes de UNICEF www.unicef.es |
- APIs de Blogue
Chega o outono
Hoxe que é mércores 31 de Outubro estiven na Escola de Abuin. Alí estaba a profe Ana e todos os nenos e nenas, Uxía, Sara e Sofía, Aitana, Dylan, Gael, Alejandra e Noa, Alén, non sei me esquezo de alguén. A profe Ana trouxo unha bolsa da compra con moitas cousas para facer postres de outono e de medo: mandarinas decoradas, basoiras ...
Antes de comezar cantaron unha canción para saudarse, non lembro ben a letra, sei que remataba coa pregunta "Sodes felices", todas e todos dixemos que sí, claro, moi felices, agardando por uns postres tan ricos. Aquí vos deixo algunhas fotos do que vin en Abuin hoxe.
Bos días de outono a todas e a todos. E agardo que sexades moi felices todas e todos, como decía a canción que cantaron na Escola se Abuin para saudarse.
Tobías
- APIs de Blogue
Dia das bibliotecas
O día 24 de outubro celebrase o Día da Biblioteca que está especialmente adicado ao público infantil e xuvenil.
A proposta desta celebración xurde da Asociación Española de Amigos lo Libro Infantil e Xuvenil apoiada polo Ministerio de Cultura en recordo da destrucción na Biblioteca de Saraxevo en 1992.
Despois das obras na sede as profesoras e profesores estan ordenando a nosa Biblioteca de Daniel que pronto estará preparada para recibir aos nenos e nenas do C.R.A. e as súas familias.
Inda que non está preparada para recibirvos, as profesoras do Equipo de Biblioteca, prepararon un expositor con libros de medo, agora que se achega Novembro co Magosto, o Samain, e o día de Santos e Difuntos.
Aquí vos deixo unha foto do expositor a ver se recoñecedes algún libro:
Xa me despido convidando ás familias a visitar con vos as bibliotecas que temos perto: a Biblioteca Municipal ou as Bibliotecas dos Colexios que non están en obras coma o noso. Tamén podesdes visitar o Blog das Bibliotecas Escolares de Galicia, sempre hai novas interesantes.
Boas lecturas en boa compañía.
Tobías
Orientación
- APIs de Blogue
Arte mariño
Hi xa moito tempo, no Xapón cando os mariñeiros chegaban á terra, facían debuxos dos peixes que levaban para que a xente pudera compralos.
No Clube de Ciencia, tamén fixemos debuxos de animais mariños. Vede como os fixemos e a ver se vos gustan.
Collemos cunhas, langostinos, xoubiñas | E pintámolos con tinta de calamar diluida nun pouco de auga |
Procuramos pintar todo e procuramos que as cunhas ou peixes non queden moi enchoupados de auga | Xa pintados colocamos papel poroso enrriba do peixe que temos pintado coa tinta do calamar |
Facemolo tamén con moito coidado | Axudámonos eh ... |
Xa comezan a sair os debuxos. Tamén os podemos chamar gravados. | A que vos gusta esta arte xaponesa? |
Con coidado e axudándonos | Aí está o grabado dun langostino. |
- APIs de Blogue
Experimentamos coas cousas
Como podemos facer unha torre moi alta sen que nos caia? Podemos pasar auga dun vaso a outro cunha palliña? Como se fan a pompas de xabón? Sabedes quen é Leonardo da Vinci, pois inventou unha ponte que se construir con troncos sen necesidade de atalos, nin pegalos nin, poñerlle clavos, como o conseguiría.
No clube de ciencia os nenos e nenas do C.R.A. intentarono, a ver se o conseguiron?
Na base so pode ter unha ficha, non se poden subir nin ás cadeiras nin ás mesas | Conseguirán facer a ponte cos pauciños, sen atalos nin pegalos ? |
Como podemos pasar a auga da pipeta ao vaso coa palliña? | Moi importante, se nos axudamos resolvemos mellor. |
Como facer a pompa? | Saiu |
Unha torre distinta que mantén o equilibrio | Está tentando soplar, para qué? |
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »