Orientación

VISITA AO C.E.P. BREA SEGADE DE TARAGOÑA

O vindeiro Xoves día 5 de Xuño os alumnos e alumnas das Escolas de Cuvide, Cruceiro e Capela que para o vindeiro curso vaian ao C.E.P. Brea Segade, visitarán o Colexio, e participarán en diversas actividades e xogos cos nenos e nenas que para o vindeiro curso serán seus compañeiros/as

VISITA DOS ALUMNOS DO C.E.I.P. CASTELAO AO C.R.A

Dentro das diversas actividades de coordenación entre o C.R.A. e os Colexios Receptores, que se veñen realizando, (intercambio de correspondencia, visita aos colexios, ... ), este curso realizárase a actividade comezada o curso pasado consistente en que alumnos e alumnas do Colexio Castelao, visiten as Escolas, en concreto as escolas de Abuin e de Quintáns.

Nesta actividade participarán os profesores titores de 2º do Colexio Castelao, as profesoras especialistas de Educación Física, de Idioma Moderno e de Educación Musical e os orientadores do Colexio Castelao e do C.R.A. de Rianxo.

Os nenos e nenas que necesiten transporte (Escola de Pazo e de Rañó e Vacariza) facerano en transporte escolar, e o horario de entradas e saidas previsto para esta xornada será o habitual.

VISITA DOS ALUMNOS/AS DE 2º DO C.E.I.P. CASTELAO AS ESCOLA DO C.R.A.
DATA: MERCORES 30 DE ABRIL DE 2007
ESCOLAS ANFITRIONAS: ABUIN E QUINTÁNS

LIBRO DO GATO CEGATO

O GATO CEGATO

Libro de poemas

a unha nena

que se chama .....

 

Traballo dos nenos/as de Cruceiro  

Outros libros do C.R.A.

Froriñas dos balados

CUESTIONARIO PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

MELLORA DA CONVIVENCIA NO C.R.A. DE RIANXO:

 

Na reunión do martes 8 de Abril afróntouse dende o grupo o plantexamento de estratexias que axuden a mellorar a convivencia nas aulas e a previr dificultades e desaxustes de conducta tanto individual como de grupo. Aínda sendo diferentes as propostas expostas na reunión, concluíase coa necesidade de afrontar estratexias concretas para a mellora da convivencia no centro, dende a valoración de que certamente existen algúns indicios ou indicadores que sinalan dificultades no eido da convivencia no C.R.A. de Rianxo

As posturas do profesorado posicionabanse ao redor da elaboración dun RRI, con explicitación de dereitos e deberes e a planficación consensuada de estratexias educativas e de aula que axuden a mellorar a convivencia e a prevención de conductas desaxustadas.

Ao final acordouse poñer en común as normas de funcionamento da aula e tentar acordos sobre estas, previo á reunion co Observatorio de Convivencia do Centro.

Falar das normas de funcionamento da aula supón abordar un abano amplo de cuestións relacionadas coa organización das aulas. Para axudar nesta reflexión, e para quen desexe o apórtase, a seguir unha guía cuestionario para tratar de poñer en común aspectos relaciondos coa organización da aula e as súas normas de funcionamento e convivencia

O cuestionario que se elabora dende a nosa realidade de C.R.A., e contén os seguintes apartados:

RUTINAS

DESENROLO DAS SESIÓNS DE TRABALLO

AS SESIÓNS ESPECIAIS (PROFESORADO ESPECIALISTA)

ASIGNACIÓN DE RESPONSABILIDADES E TAREFAS AOS ALUMNOS

OS RECREOS

O SILENCIO

AUTONOMÍA NO COMPORTAMENTO E NAS RESPONSABILIDADES

O cuestionario pode parecer moi exhaustivo, e non obstante faltan aspectos a poñer en común e falar como, ao menos: a regulación das relacións coas familias dende a titoría, e a planficación da coordenación entre o profesorado intervinte na aula, a planficación de normas para saidas e excursións.

Os apartados que se propoñen miran ao interior das aulas e tentan facer un seguemento do seu funcionamento para abordar unha posta en común entre todas as aulas

A partir de aquí e, se é posible, pódese plantexar a  proposta dunhas liñas e estratexias comúns de actuación no aspecto que estamos a tratar cal é a mellora da convivencia e da organización das aulas.

Independentemente de a que grado de consenso se poida chegar, compartir e falar sobre estratexias organizativas da aula e normas de convivencia, vai ser  sen dúbida positivo enriquecedor e útil para todo o profesorado.

De todas maneiras o grupo debe plantexarse que este que tentamos iniciar é un camiño con percorrido longo, ou máis ben permanente na procura da mellora da convivencia.

Finalmente indicar que temos moitas limitacións de tempo, polo que a utilización de canles alternativos de comunicación como o e-mail ou o portal do centro pode ser útil

 

Tobías Betanzos Rego

Rianxo a 11 de abril de 2008

TEXTO COMPLETO CON CUESTIONARIO

Xornadas sobre convivencia escolar nos centros escolares

 COMUNICACIÓN DE ASESORA DE ORIENTACIÓN SOBRE CELEBRACIÓN DE XORNADAS SOBRE CONVIVENCIA NOS CENTROS ESCOLARES.

Estimados compañeir@. Poñome en contacto con vos para indicarvos que no mes de maio  realizaranse unhas xornadas  “ A convivencia nos centros educativos”. Para inscribirse nesta actividade deberás entrar no FPROF- CFR de Santiago . O prazo está aberto e remata o día 26 de abril. Para calquera dúbida estou a vosa disposición, un saúdo.Elena  Mª Elena Diéguez Pazos Asesora de orientación e IntegraciónCentro de Formación e RecursosR/ Villaldía 37-15706- Santiago de Compostela

Tfno.: 981522411- Fax: 981522466

Mais información no enlace "A CONVIVENCIA NOS CENTROS ESCOLARES"

Suxerencias a respecto da mellora da Convivencia no C.R.A.

 

O orientador do Centro, ten elaborado un informe sobre a Convivencia no C.R.A. de Rianxo. O informe remata cunha serie de propostas e suxerencias para a mellora da convivencia no C.R.A. de Rianxo, que a seguir se insertan. Se se desexa pode tamén baixarse o informe.

DEFINICIÓN DE PROPOSTAS E OBXECTIVOS
Cara a mellora na convivencia escolar no C.R.A.de Rianxo suxírese:


Consolidar o Observatorio da Convivencia como órgano no que abordar a convivencia no C.R.A. de Rianxo


Reforzar o traballo titorial nos seguintes aspectos:
o Comunicación coas familias
o Coordenación co profesorado intervinte na aula
o Posta en marcha de xeito programado plans de mellora da convivencia nas aulas.

Valorar a necesidade de dotarse o centro dunhas normas de convivencia que regulen as relacións dos membros do C.R.A.

o Profesorado:
1. Coordenación entre o profesorado intervinte na aula.
2. As comunicacións coas familias
3. Os plans de traballo titorial

o Familias:
1. As comunicacións co centro e cos titores
2. A entrega e a recollida dos nenos/as

o Alumnos:
1. A utilización dos espacios e recursos da escolas
2. A realización das tarefas escolares
3. As relacións cos profesores/as
4. As relacións cos compañeiros/as

A creación dun órgano específico, dentro do observatoro de conviviencia para tratar asuntos individuais relacionados con problemas conductuais ou familiares.

En Rianxo a 7 de Abril de 2.008

INFORME COMPLETO

Reunión de Orientadores

Hoxe no C.E.I.P. Ana María Dieguez, reunironse os orientadores dos colexios de primaria e educación infantil do Concello

Información aos pais sobre os servizos cos que conta o C.R.A. de Rianxo para atención á diversidade

Na reunión do Departamento de Orientación celebrada o pasado venres día 15 de Febreiro de 2008 acordouse:

  1. Informar aos pais e nais dos servizos e recursos cos que conta o Centro para a atención á diversidade: orientador, profesora de Pedagoxía Terapéutica, profesora de Audición e Linguaxe
  2. Pedir aos titores e titoras que nas reunións que teñan de titoría prevexan facilitar a comunicación dos profesores/as de apoio especialista coas familias. Suxírese pois avisar ás profesoras de Audíción e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, cando se prevexa algúnha reunión, coas familias de alumnos con NEAE.

Rianxo a 18 de Febreiro de 2.008

Incorporación de Alumnos en Prácticas

Tense incorporado ao Departamento como alumno en prácticas Eliseo. Eliseo é profesor en Abadín, que está matriculado en Pedagoxía pola UNED. Incorporase ao Departamento para realizar o Prácticum 2.

Esta semana adicaremola a coñecer o C.R.A. de Rianxo: organización e recursos do Departamento, Plan Xeral de Orientación, Escolas e Profesorado.

Benvido Eliseo ao C.R.A. de Rianxo

Distribuir contido