2021-2022

Actividades desenvoltas ao longo do curso escolar 2021/2022.

SALVEMOS O CRA DE RIANXO!

A ANPA "Irmáns Insua" do noso centro, convídanos a participar no acto reivindicativo que terá lugar na praza do Concello o venres 5 de novembro ás 16:30h para facer oir a nosa voz con respecto as supresións feitas dende a Consellería de Educación no noso centro.

O acto contará co apoio do Concello de Rianxo, que se encargará da organización, de darlle difusión nos medios de comunicación e da elaboración dunhas pancartas que se colocarán nas distintas parroquias.

Neste momento, é importante que toda a comunidade educativa do CRA estemos unidos.

Tedes información máis detallada no documento adxunto.

XOVES NEGROS NO CRA

Ante o momento de incertidume e preocupación que estamos vivindo toda a comundidade educativa do CRA polas medidas de supresión adoptadas por parte da Consellería, unha das accións que decidimos levar a cabo consistirá en asistir ao cole durante todos os xoves do curso vestidos/as con roupa negra ou escura como acto simbólico, e que imos chamar "OS XOVES NEGROS".

Animamosvos a todos/as a participar!

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2021/2022

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso!

As actividades lectivas comezarán o Xoves 9 de setembro de 2021 e rematarán o 22 de Xuño de 2022.

Un agarimoso saúdo a toda a comunidade educativa.

Distribuir contido