2018-2019

Documentación do centro xerada no curso 2018-2019

GATOS

  

 

ESTE E "MATEMÁTICO".

ÉUN GATO DOMÉSTICO QUE VIVE ENFRENTE DA ESCOLA

E QUE NOS VISITA CON CERTA FRECUENCIA.

 É MOII OBSERVADOR  E INTELIXENTE.

OS GATOS PODEN VIVIR 12 ANOS OU MÁIS.

DORMEN ARREDOR DE 16 HORAS REPARTIDAS AO  LONGO DO DÍA.

SON BOS CAZADORES

E AXUDANNOS A MANTER AS CASAS LIMPAS DE RATOS .

PORTAS ABERTAS

MARTES 19 DE FEBREIRO, DE 16 A 17 HORAS, PORTAS ABERTAS NAS ESCOLAS DO CRA PARA TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE QUEIRAN COÑECER AS SÚAS AULAS.

PLANTACIÓN EN TARAGOÑA

O VENRES 15 DE FEBREIRO A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA REALIZOU UNHA PLANTACIÓN DE FREIXOS E CASTIÑEIROS CO OBXECTO DE COMPLETAR A REXENERACIÓN DO MONTE DO PLEITO, EN TARAGOÑA. 
A ACTIVIDADE, ENCADRADA DENTRO DO PROGRAMA VOZ NATURA DESENVOLVIDO POLAS ESCOLAS, FOI ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN FOUSAS AO MONTE  E CONTOU COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE RIANXO E A COMUNIDADE DE MONTES FEITOSO DE TARAGOÑA.

VISITA DO ALCALDE

COMO ESTAMOS  A ESTUDAR A NOSA LOCALIDADE 

QUEN MELLOR QUE O ALCALDE, ADOLFO MUIÑOS,

PARA DARNOS INFORMACIÓN.

FOI POR ISO QUE O INVITAMOS A  VIR A NOSA ESCOLA

(DADO QUE TAMÉN VIVE NO PAZO).

FIXEMOSLLE MOITAS PREGUNTAS E

EXPLICOUNOS MOITAS COUSAS.

INCLUSO NOS ADIANTOU ALGUNHAS NOVAS

COMO, O CAMBIO DOS CONTENEDORES DO LIXO

OU O DA NOVA DEPURADORA.

TAMÉN NOS AGASALLOU CUNS LIBROS DOS BOLECHAS 

"UNHA HISTORIA RIANXEIRA"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VESPAS VELUTINAS

 

NOS ÚLTIMOS DÍAS DO OUTONO, CANDO  AS ARBORES ÍAN QUEDANDO CADA VEZ MÁIS ESPIDAS,

DENDE O NOSO PATIO DESCUBRIMOS MOI PRETIÑO DA NOSA ESCOLA

UN NIÑO DE VESPAS VELUTINAS QUE NOS PARECEU GRANDÍSIMO.

NA PRIMAVERA PASADA VÍAMOS REVOAR POLO NOSO PATIO AS AVESPAS PERO NON SABÍAMOS

ONDE PODERÍAN TER O SEU NIÑO, XA QUE A ÁRBORE ESTABA CUBERTA DE FOLLAS.

BEN, POIS ALÁ FOMOS A VELO MÁIS DE PRETO!

FAI ALGÚNS ANOS, OS VOLUNTATIOS DE PROTECCIÓN CIVIL SACARON DE CERQUIÑA DA NOSA ESCOLA

UN NIÑO SECUNDARIO DE AVESPAS VELUTINAS. COMO SON MOI AMIGOS NOSOS ENDIÁRONNOLO E DEIXARON QUE

QUEDARA NA ESCOLA.

POIS HOXE VOLVEMOS A MIRALO:

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ. ESCOLA DE CAPELA.

Aquí vos deixamos unhas imaxes de como celebramos este ano o Día da Paz na escola de Capela.

Escoitamos a canción "Imagine" de John Lennon e logo construímos o noso mundo en PAZ no cuarto escuro. E para rematar lemos o conto de Elmer e cada un de nós debuxou o seu propio Elmer. Foi fantástico! Disfrutádeo!

 

GANDHI E OS ANIMAIS

"A GRANDEZA DUN LUGAR PÓDESE MEDIR POLA FORMA EN QUE TRATA AOS SEUS ANIMAIS"
Mahatma Gandhi.

AS POMBAS E A PAZ

A IMAXE DUNHA POMBA BRANCA CUN RAMIÑO DE OLIVEIRA NO PETEIRO É UN DOS SÍMBOLOS DA PAZ MÁIS RECOÑECIDOS EN TODO O MUNDO.

O PINTOR PABLO PICASSO AXUDOU A POPULARIZAR ESTA REPRESENTACIÓN COS SEUS DESEÑOS DE POMBAS DA PAZ, PERO A ORIXE DESTA IMAXE PROCEDE DO RELATO DUNHA GRANDÍSIMA CHUVASCADA, RELATO QUE, CON DISTINTAS VARIACIÓNS, FORMA PARTE DE MOITAS CULTURAS DO MUNDO ANTIGO.
NA LENDA QUE CHEGOU ATA NÓS, A POMBIÑA ACADA UN PROTAGONISMO ESPECIAL AO SER QUEN PORTA NO SEU PETEIRO UN SINAL MOI AGARDADO.

DRAGÓN DA PAZ

HAI MOITO TEMPO, OS HABITANTES DOS POBOS DA CHINA, QUE VIVÍAN BAIXO A PROTECCIÓN DE DIFERENTES ANIMAIS, PELEXABAN TAMÉN NO SEU NOME.
AS CRIANZAS, PARA ACABAR COAS GUERRAS ENTRE AS TRIBOS, TOMARON O CORPO DA ASTUTA SERPE, AS ESCAMAS DO ESCINTILANTE PEIXE, A CABEZA DO VELOZ CABALO, OS CORNOS DO FORTE BÚFALO E AS PATAS DO PAXARO LIBRE, E
CREARON O DRAGÓN .
E A PARTIR DO SEU NACEMENTO,  O DRAGÓN FOI RECOÑECIDO EN ASIA COMO O SÍMBOLO DA PAZ.

     
     
     
     

" O nacemento do dragón"
Ed. Kalandraka

LEÓNS CON MELENA

MOITO GOSTAMOS DAS GRANDES  E PELUDAS MELENAS DOS LEÓNS.
E MOITO APRENDEMOS DELAS!

OS LEÓNS SON OS ÚNICOS FELINOS QUE TEÑEN MELENA E SÁBENA EMPREGAR MOI BEN: CON ELA APARENTAN SER MÁIS GRANDES E ASÍ PODEN IMPRESIONAR A MACHOS E FEMIAS.
CON ELA PROTEXEN  A CABEZA, O PEITO E PARTE DAS COSTAS DOS ZARPAZOS OU MORDEDURAS QUE POIDAN RECIBIR.

PERO, NESTAS GUEDELLAS FELINAS TAMÉN HAI DIVERSIDADE : NA SÚA ADAPTACIÓN AO HÁBITAT OS LEÓNS MACHO DE KENIA DEIXARON DE TER MELENA E OS ÚNICOS LEÓNS QUE AÍNDA VIVEN EN ÁSIA, NOS BOSQUES DA INDIA, TÉÑENA PERO MOI CURTA.

E SI, TÉÑENSE OBSERVADO ALGUNHAS LEONAS DE FERMOSAS MELENAS.

Distribuir contido